19.10.06


Neste curso curso que acaba de comenzar asistimos ao nacemento dunha nova "criatura", o blog da biblioteca.
Queremos que sexa un espazo de información sobre as novidades que cheguen á biblioteca, as actividades que se organicen, as que se fagan no centro -sexan organizadas pola biblio ou por calquera outro departamento do centro- e canto por aquí vaia pasando.
Tamén queremos que sexa un espazo onde poidades dar as vosas opinións sobre libros e actividades e as vosas suxestións para o mellor funcionamento da biblioteca.
No comenzo da andadura deste "blog" queremos ser agradecidos con todo o alumnado que, dende os inicios desta biblioteca, axudou a que todo funcionase, renunciando moitas veces ao seu tempo de recreo. A todas e todos, grazas!
Vémonos axiña!!