16.3.14

OLLANDO LECTURAS

Por segundo ano convocamos este certame fotográfico en torno á lectura. Esperamos que teremos aínda máis participación que o curso anetrior. Aquí debaixo podedes ver as bases e tede en conta que cando decimos "en torno á lectura" non hai que imaxinar unicamente libros. Pensade que cada día, na vida cotiá, usamos a lectura centos de veces para as cousas máis variadas. Do que si estamos seguros é que a lectura, nas súas diferentes formas, cada vez resulta máis imprescindible.
Ánimo e a polos premios!!