17.3.08

AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Co comezo das vacacións comezaron tamén as andanzas dunhas mochilas, viaxeiras, que teñen o estraño gusto de ir de casa en casa, levando no seu interior unhas mostras dos materiais que a biblioteca pode ofrecer ao alumnado e ás súas familias.
Trátase de favorecer a lectura entre o alumnado e nas familias do alumnado. Queremos favorecer os hábitos de lectura e intentar que todos disfruten deste pracer e tamén, por que non, do pracer de falar do lido e do visto. Queremos que pais e fillos poidan intercambiar os pareceres, as opinións, as ideas e os sentimentos que estas lecturas poidan producir. Non podemos, nin queremos, esquecer que gran parte da nosa futura personalidade moldéase dependendo das lecturas que fagamos.
Doutra banda, as mochilas viaxeiras son unha forma de facer visible a biblioteca fóra do instituto e de animar ás familias a usar os seus servicios.
Boa viaxe!!