25.1.09

STAND BY ME
Unha boa forma de demostrar que os humanos, das razas, tipos e lugares máis diversos, podemos entendernos moi ben entre nós, é a música, idioma universal. Como exemplo esta canción, o clásico "Stand by me" de Ben E. King (1968), interpretada por músicos da rúa de todas partes do mundo.
Paz e música!


Stand By Me from David Johnson on Vimeo.

19.1.09

ONTE, HOXE
Seguindo co mes da paz, chégannos estas fotos, vía o blog Mesturas (que circulan pola rede, asinadas por Rodolfo Walsh), sobre a situación en Palestina e a actuación do exército de Israel. É unha montaxe con fotos dobres: unha sobre o que sufriron os xudeos durante a II Guerra Mundial e outra do propio exército israelí hoxe en día, na Franxa de Gaza.
Sempre acaban sufrindo os mesmos, os máis débiles e os máis inocentes!

18.1.09


ESTAMOS POLA PAZ
Hoxe celebrouse en santiago unha manifestación, ben numerosa, a favor do pobo palestino, que está a sufrir unha situación durísima baixo os ataques israelís, totalmente desproporcionados.
Xustamente no club de lectura tivemos unha reunión para falar sobre un libro (O neno do pixama a raias) que fala do sufrimento terrible do pobo xudeo na II Guerra Mundial. Resulta case imposible de crer que logo de pasar o que pasaron estean agora practicamente reproducindo situacións similares cos habitantes da Franxa de Gaza.
Estaría moi ben que estes días, as 'palestinas' que tan de modo están se puxeran tamén para expresar a solidariedade co pobo palestino.
Estamos, ademais, no mes da paz, que ten o seu día o 30 de xaneiro.

17.1.09

UNHA DESPEDIDA
Empezamos o ano cun pouco de tristura porque dúas boas amigas deixáronnos e marcharon coa familia en busca de mellores oportunidades. Non é habitual que o alumnado se marche no medio do curso.
Ouidane e Farah estaban a gusto no centro, tiñan moitas gañas de aprender e fixeran xa unha chea de boas amigas e amigos. Seguro que máis dunha vez hanse de acordar do pouco tempo pasado aquí e das amigas que deixaron.
A biblioteca tamén nota a súa ausencia.

22.12.08

BON NADAL E FELIZ 2009
O equipo da biblioteca quere felicitar as festas a toda a comunidade educativa. Que o pasedes moi ben e que teñades un 2009 feliz!
Aquí tedes a nosa felicitación. Non diredes que non hai marcha na biblio!



This funky card is created by Libraco.
Create your own funky card at CardFunk.