23.1.13

MEDRANDO
Pois si, medrando. O que vedes na foto é a última incorporación ao noso club de lectura: o can de Mónica! Ao final vai resultar que bautizamos mal o noso club de lectura! Cando empezamos con el, hai uns anos, puxémoslle o nome medio en broma, pensando nos Araos, prácticamente extinguidos na nosa costa, logo do Prestige. Chamarnos Club de Lectura Arao era un guiño humorístico cara os lectores, que pareciamos tamén en extinción... E mira ti por onde este ano é o que máis xente hai no club. O club de alumnos tivemos que repartilo en dous grupos, un para 1º e 2º e outro para 3º e 4º. E resulta que aínda hoxe estamos recibindo novas solicitudes!
En canto a organización é unha loucura, e conseguir exemplares dos libros moi complicado... pero amigo, que gustazo que os problemas sexan eses!
Vémonos! Boas lecturas!

9.1.13

PARA EMPEZAR CON BO PÉ

Non hai mellor para empezar ben un ano que rematar o anterior con boa marcha. Por iso, unha vez máis, saiu a relucir no escenario a marcha, o talento e as gañas do alumnado e algúns profes que, a verdade, non deixan de sorprenderme un hna e outra vez. Confeso sen rubor a miña 'cochina' envexa e repito aquí o que dixen en máis dunha ocasión: eu quero ser alumno nesta época e non na miña!!!
Unha mención especial para Brey e os parabéns a David por mobilizar a tante xente. A todos darvos as grazas e xa sabedes, o vídeo 'de verdade' no ordenata da biblio para quen queira copialo. BON ANO


20.12.12

AMERICAN FAST FOOD
Desta volta cambiamos o "Yankees go home" polo "Yankees come home". Na honra de Dan, o noso 'amigo americano', e seguindo os seus consellos, tivemos unha xornada gastronómica en plan americano: 'hot dogs, pancakes, peanut butter, ketchup, mustard'... e todo a precios "módicos", pagado cos "cartos" duramente conseguidos nos días anteriores cos exercicios nas clases.
'I'm so sorry' polos que non puideron participar, pero era imposible facelo para todos os niveis, aínda que algún espabilado doutras clases conseguiu algún que outro dolar para probar as delicias que alí ofreciamos. Que tal unha de comidas do mundo para outra ocasión???



12.12.12

GUÍA de LECTURA para o NADAL
Xa temos aquí a guía de lectura deste Nadal. Unhas cantas ideas, entre moitas outras, para pasar estas vacacións con algúns dos nosos mellores amigos, os libros, e algunhas das nosas mellores amigas, as películas.
Coma sempre vos dicimos. non sexades 'egoístas': levade a guía a casa, que seguramente a alguén lle pode interesar o que nela hai. E xa sabedes canto nos gusta que a biblioteca a utilice canta máis xente mellor. Recordade sempre que é vosa, é nosa, é de todos.
Apurade antes de que vos leven o que vos interesa e...
que disfrutedes! 

5.12.12

FACENDO CARREIRA
Ou carreiras, que houbo varias. Algunha que outra medalla trouxemos colgada ao pescozo. Tamén trouxemos algunha "ferida de guerra" (e se non que llo pregunten a Laura) e algún que outro desmaio. Nótase que a alimentación "mañanera" é a especialidade dalgunhas...
Haille que dar as grazas a Bruno, pola pacencia e polas ganas, que se encargou de todo o papeleo para que puideramos disfrutar deste día. Por certo, imaxino que veriades que tiñamos encargado un espléndido día de sol, non si??

Campo a través Cee 5-12-12