14.2.13

A QUEN TI QUEIRAS 
POESÍA PARA REGALAR
Sabemos ben que o amor non ten data e que cadrar nunca cadra mal. Pero este ano a día de San Valentín si que nos cadra mal. Xusto chegando da volta do entroido non hai tempo material de realizar o certame poético que  cada ano por estas datas organiza a Biblio, xunto con outros Departamentos de Linguas.
Así que o que fixemos (Cupido non pode pasar así, sen máis, sen lanzar os seus dardos de amor) foi preparar un pequeno poemario, para que escollades e llo regaledes a quen vos "queirades". Para aqueles/as que quedaron sen poemas impresos deixamos aquí o poemario, que seguro que algún/ha aínda lle ha de sacar partido.
 FELIZ SAN VALENTÍN!

3.2.13

O CLUB DESTE ANO
Como xa dixemos no post anterior, este ano o Club de Lectura medra  que dá gusto velo.
Hai quen di que a xente no le, pero parece claro que somos máis dos que parece, e sobre todo, moita máis xente nova do que pensan algúns. No vídeo deste ano qauixemos estar todos pero, aínda que son todos os que están, non están todos os que son (hai que avisar na casa cando quedamos a comer!!)
Aínda así, señoras e señores, con todos votedes... O Club de Lectura Arao (ou case).


23.1.13

MEDRANDO
Pois si, medrando. O que vedes na foto é a última incorporación ao noso club de lectura: o can de Mónica! Ao final vai resultar que bautizamos mal o noso club de lectura! Cando empezamos con el, hai uns anos, puxémoslle o nome medio en broma, pensando nos Araos, prácticamente extinguidos na nosa costa, logo do Prestige. Chamarnos Club de Lectura Arao era un guiño humorístico cara os lectores, que pareciamos tamén en extinción... E mira ti por onde este ano é o que máis xente hai no club. O club de alumnos tivemos que repartilo en dous grupos, un para 1º e 2º e outro para 3º e 4º. E resulta que aínda hoxe estamos recibindo novas solicitudes!
En canto a organización é unha loucura, e conseguir exemplares dos libros moi complicado... pero amigo, que gustazo que os problemas sexan eses!
Vémonos! Boas lecturas!

9.1.13

PARA EMPEZAR CON BO PÉ

Non hai mellor para empezar ben un ano que rematar o anterior con boa marcha. Por iso, unha vez máis, saiu a relucir no escenario a marcha, o talento e as gañas do alumnado e algúns profes que, a verdade, non deixan de sorprenderme un hna e outra vez. Confeso sen rubor a miña 'cochina' envexa e repito aquí o que dixen en máis dunha ocasión: eu quero ser alumno nesta época e non na miña!!!
Unha mención especial para Brey e os parabéns a David por mobilizar a tante xente. A todos darvos as grazas e xa sabedes, o vídeo 'de verdade' no ordenata da biblio para quen queira copialo. BON ANO


20.12.12

AMERICAN FAST FOOD
Desta volta cambiamos o "Yankees go home" polo "Yankees come home". Na honra de Dan, o noso 'amigo americano', e seguindo os seus consellos, tivemos unha xornada gastronómica en plan americano: 'hot dogs, pancakes, peanut butter, ketchup, mustard'... e todo a precios "módicos", pagado cos "cartos" duramente conseguidos nos días anteriores cos exercicios nas clases.
'I'm so sorry' polos que non puideron participar, pero era imposible facelo para todos os niveis, aínda que algún espabilado doutras clases conseguiu algún que outro dolar para probar as delicias que alí ofreciamos. Que tal unha de comidas do mundo para outra ocasión???