19.2.13

POMELO DE ORO
En realidade non sería o pomelo de ouro, sería a laranxa de ouro, que é máis doce. Pero "os que me entenden xa me entenden" (non digades que non me sae galega a cousa).
Falamos das caras da Oro, ou sexa, das sorpresas consecutivas con que nos obsequiou Begoña Oro, a autora de "Pomelo y limón", que se mostrou moi cercana, agradable e familiar. Frescura e simpatía que agradecemos, porque sabemos que nin o día nin a hora -recén chegada de Andalucía- eran os máis propicios para este tipo de encontros, pero a distancia física desapareceu nos fíos da rede e sentímonos todos como na casa.
Premio para as que se animaron a comentar e preguntar (tedes pagada unha piruleta) e castigos infinitos para as 'covardas' (debédesme un café) que tendo algunhas cousas moi claras preferiron quedar caladiñas. Será que queren o mesmo que Jorge e María: pasar desapercibidas.
Neste grupiño de fotos podedes ver, entre outras cousas, algunha das caras que nos presentou:

14.2.13

A QUEN TI QUEIRAS 
POESÍA PARA REGALAR
Sabemos ben que o amor non ten data e que cadrar nunca cadra mal. Pero este ano a día de San Valentín si que nos cadra mal. Xusto chegando da volta do entroido non hai tempo material de realizar o certame poético que  cada ano por estas datas organiza a Biblio, xunto con outros Departamentos de Linguas.
Así que o que fixemos (Cupido non pode pasar así, sen máis, sen lanzar os seus dardos de amor) foi preparar un pequeno poemario, para que escollades e llo regaledes a quen vos "queirades". Para aqueles/as que quedaron sen poemas impresos deixamos aquí o poemario, que seguro que algún/ha aínda lle ha de sacar partido.
 FELIZ SAN VALENTÍN!

3.2.13

O CLUB DESTE ANO
Como xa dixemos no post anterior, este ano o Club de Lectura medra  que dá gusto velo.
Hai quen di que a xente no le, pero parece claro que somos máis dos que parece, e sobre todo, moita máis xente nova do que pensan algúns. No vídeo deste ano qauixemos estar todos pero, aínda que son todos os que están, non están todos os que son (hai que avisar na casa cando quedamos a comer!!)
Aínda así, señoras e señores, con todos votedes... O Club de Lectura Arao (ou case).


23.1.13

MEDRANDO
Pois si, medrando. O que vedes na foto é a última incorporación ao noso club de lectura: o can de Mónica! Ao final vai resultar que bautizamos mal o noso club de lectura! Cando empezamos con el, hai uns anos, puxémoslle o nome medio en broma, pensando nos Araos, prácticamente extinguidos na nosa costa, logo do Prestige. Chamarnos Club de Lectura Arao era un guiño humorístico cara os lectores, que pareciamos tamén en extinción... E mira ti por onde este ano é o que máis xente hai no club. O club de alumnos tivemos que repartilo en dous grupos, un para 1º e 2º e outro para 3º e 4º. E resulta que aínda hoxe estamos recibindo novas solicitudes!
En canto a organización é unha loucura, e conseguir exemplares dos libros moi complicado... pero amigo, que gustazo que os problemas sexan eses!
Vémonos! Boas lecturas!

9.1.13

PARA EMPEZAR CON BO PÉ

Non hai mellor para empezar ben un ano que rematar o anterior con boa marcha. Por iso, unha vez máis, saiu a relucir no escenario a marcha, o talento e as gañas do alumnado e algúns profes que, a verdade, non deixan de sorprenderme un hna e outra vez. Confeso sen rubor a miña 'cochina' envexa e repito aquí o que dixen en máis dunha ocasión: eu quero ser alumno nesta época e non na miña!!!
Unha mención especial para Brey e os parabéns a David por mobilizar a tante xente. A todos darvos as grazas e xa sabedes, o vídeo 'de verdade' no ordenata da biblio para quen queira copialo. BON ANO