7.4.13

A ESTRASBURGO!
"voy ligerito caaaaaminando!"
Ben, pode que non vaian camiñando, como di a canción, pero seguro que irán lixeiros. Caramba! vai case un ano que gañaron o concurso nacional en inglés e agora toca recibir o premio: un par de días en Estrasburgo, coñecendo unha das sedes máis importantes da Comunidade Europea, e un lugar precioso, de paso. Ben merecido o teñen, que son bos estudiantes e mellor xente e estamos moi orgullosos deles (pero non llo digades en alto, que logo non hai quen os aghuante...) Para abrir boca tiveron a visita dun eurodiputado, Antolín Sánchez Presedo, co que puideron falar de Europa, de Galicia e de Camariñas.
Non hai mellor educación nin mellor forma de abrir a mente ao progreso que coñecer outros lugares, outros costumes, outras xentes, especialmente cando se fai por propia vontade e non obrigados pola falta de oportunidades. Así que neniños, neniñas, a rodar polo mundo adiante e, cando saibades moito, volvede!

A Estrasburgo! on PhotoPeach

21.3.13

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS
Xa sabemos que é un pouco tarde para as recomendacións de lectura para estas vacacións, pero aínda así paga a pena que lle botedes unha ollada ao noso boletín. Algúns xa pediron que lles 'gardaramos' certos fondos, pero sempre hai cousas novas que probar.
Xa sabedes o que dicimos, aquí tedes algunhas recomendacións e novidades pero os andeis están cheos de libros agardando ao seu lector. Tamén queremos animar a probar o novo servicio de libro electrónico, que seguro que irá collendo adeptos en canto o probemos, aínda que non fará esquecer o gustazo de ler en papel. Unha cousa non quita a outra!

25.2.13


PAPERMAN
Este corto, un experimento da factoría Disney, foi dirixido no 2012 por Jhon Kahrs e fíxose cuna mestura de animación tradicional con animación por computador. É unha boa mostra das posibilidades que hai neste campo cada vez máis perfeccionado da animación.
Desde a biblioteca queremos adicadar  esta montaxe a todos aqueles/as que fan, ou quixeran facer, avionciños de papel durante as clases (e tamén, cun pouco de retraso, a todos/as aqueles/as aos que non puiden felicitar directamente o último 14 de febreiro). Eso sí, a condición para facer avionciños na clase é que, unha vez rematados, teñan a virtude de actuar como os que fai Paperman. De non ser así, quedan anulados os permisos anteriormente concedidos. Xusto, non si?


19.2.13

POMELO DE ORO
En realidade non sería o pomelo de ouro, sería a laranxa de ouro, que é máis doce. Pero "os que me entenden xa me entenden" (non digades que non me sae galega a cousa).
Falamos das caras da Oro, ou sexa, das sorpresas consecutivas con que nos obsequiou Begoña Oro, a autora de "Pomelo y limón", que se mostrou moi cercana, agradable e familiar. Frescura e simpatía que agradecemos, porque sabemos que nin o día nin a hora -recén chegada de Andalucía- eran os máis propicios para este tipo de encontros, pero a distancia física desapareceu nos fíos da rede e sentímonos todos como na casa.
Premio para as que se animaron a comentar e preguntar (tedes pagada unha piruleta) e castigos infinitos para as 'covardas' (debédesme un café) que tendo algunhas cousas moi claras preferiron quedar caladiñas. Será que queren o mesmo que Jorge e María: pasar desapercibidas.
Neste grupiño de fotos podedes ver, entre outras cousas, algunha das caras que nos presentou:

14.2.13

A QUEN TI QUEIRAS 
POESÍA PARA REGALAR
Sabemos ben que o amor non ten data e que cadrar nunca cadra mal. Pero este ano a día de San Valentín si que nos cadra mal. Xusto chegando da volta do entroido non hai tempo material de realizar o certame poético que  cada ano por estas datas organiza a Biblio, xunto con outros Departamentos de Linguas.
Así que o que fixemos (Cupido non pode pasar así, sen máis, sen lanzar os seus dardos de amor) foi preparar un pequeno poemario, para que escollades e llo regaledes a quen vos "queirades". Para aqueles/as que quedaron sen poemas impresos deixamos aquí o poemario, que seguro que algún/ha aínda lle ha de sacar partido.
 FELIZ SAN VALENTÍN!