Laura Caamaño (esquerda) e Lara González (dereita)
Noemi Lobelos
Aquí están as gañadoras do concurso "Ilustrando palabras"! No primeiro ciclo levaron os premios Lara González, de 1º A e Laura Caamaño, de 1ºB. No segundo ciclo o premio foi a parar ás mans de Noemi Lobelos, de 3º A. Grazas ás tres por compartir con todos nós a súa creatividade e imaxinación a través dos versos de Gloria Fuertes e dos textos de Carlos Casares.
9.5.17
Ilustrando palabras
Como ilustrarías un poema de Gloria Fuertes, da que este
ano se celebra o centenario do seu nacemento,ou un texto de Carlos Casares, a quen se lle adica o Día das Letras
Galegas?
Lara
González
(1ºA), Laura Caamaño (1ºB) e NoemiLobelos (3ºA)aceptaron o
reto e presentaron ó concurso “Ilustrando palabras” carteis orixinais e
creativos , nos que traduciron en imaxes persoais o que as palabras destes dous
autores lles inspiraban.O seu traballo e as súas ideas tiveron recompensa e alzáronse cos
premios do concurso, pero houbo moitos traballos interesantes, nos que os
alumnos deixaron voar a súa imaxinación, dándolle vida e cores as palabras. A continuación presentamos os carteis realizados polos alumnos:
7.3.17
ENTROIDO2017
Hawaianos, zombies, militares, equipos de fútbol, dormilóns, mimos, cantantes de gospel, pitufos... o patio do Insti encheuse de colorido, bailes e festa neste entroido 2017.
Houbo comparsas de todo tipo e moita participación das clases, con moita imaxinación nos disfraces e nas coreografías.
Pitufos e mimos resultaron gañadores do concurso, pero todos tiveron premio cun excelente chocolate que preparou Norma para degustalo cuns postres propios da época. Seguro que foi o momento en que Paula, coordenadora de todo o "tinglado", estivo máis relaxada en toda a mañán!
17.2.17
CUPIDO SOBREVOA O INSTI 💗
Este 14 de febreiro
visitounos Cupido literario
Quen dixo que o amor non está de
moda? Os nosos mensaxeiros de afectos non pararon de traballar, repartindo as
numerosísimas cartas de amor e amizade que se enviaron no instituto.
Ademais , Xabier e Laura presentáronnos
as visitas que tivemos para acompañarnos ese día, e que ante todo o público
asistente volveron demostrarnoso seu
amor, que sigue tan intenso como o primeiro día: Juana, a tola, e Felipe, o
fermoso ( Tania e Fran); Romeo e Julieta (Nico e María) ede dona Inés e don Juan (Helena e Yerai).
Esperamos que este sentimento
perdure todo todoo ano...
O venres 27, 18 intrépidos/as atletas do instituto participaron na fase intercomarcal de campo a través na
Serra de Outes. A pesar da choiva non quedaron na casa e demostraron una vez
máis o dito: se chove, que chova!
Máis de 500 participantes e algunhas caídas (xa que o circuíto estaba
propio dun día invernal coas follas das árbores cubrindo o percorrido), pero bo
ambiente e ningunha lesión.
Recibimos o parabén da organización por
ser un centro público (había clubs federados), que conseguira clasificar un
número tan elevedo de participantes. Pero a nosa sorpresa foi maior cando
comprobamos que volviamos a casa con 8 medallas!:
Individuais
Carla Valiña: medalla de ouro en infantil feminino.
Antonio Luaces: medalla de bronce, cadete masculino.
Equipos
Sergio Lamas, Pablo Martínez, Ádam Méndez, Sergio Paz, Daniel Luaces e
Jairo Campaña: medalla de bronce, infantil masculino.
Parabéns a todos e
todas!
Clasificáronse para a fase provincial
Carla e Antonio.