E despóis de tanto esforzo xa chega o momento de disfrutar destas festas cos seres queridos. Vémonos en Xaneiro e a portarse ben, que xa sabedes que os Reis están de camiño.
Un abrazo para todos e bo nadal.
27.11.17
CAMARIÑAS EN NEGRO
Aínda que o acto estaba previsto celebrarse o venres 24, a choiva non
nolo permitiu. Hoxe, luns 27, puidemos levalo a cabo na praza da
Insuela de Camariñas. Todos os centros educativos do Concello sumáronse
á campaña "En Negro Contra a violencia machista" impulsada pola
Concellería de Asuntos Sociais.
Despois dun minuto de silencio en memoria das vítimas, alumnos dos tres
centros leron un manifesto no que se pedía o fin da violencia de xénero.
A continuación léronse dous poemas de Alba Canosa, na voz de Gabriel Dovao e Helena Ameijeiras. Para rematar o acto proxectáronse dous vídeos realizados polos alumnos do CEIP de Ponte do Porto e polo alumnado do IES Pedra da Aguia.
CAMARIÑAS LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS
NIN UNHA MÁIS!!
25.11.17
25 de novembro
Seguimos tendo que
celebrar esta data
Un ano máis, este día fainos reflexionar, un pouco máis que o resto do ano,
sobre a secuela que temos no noso país e no mundo enteiro: a violencia contra
as mulleres, por ser iso, mulleres. Participamos na Campaña en negro, organizada polo concello de Camariñas e se
desenvolveron talleres de prevención en todas as clases. Ademais, desde a
biblioteca, realizamos algunhas actividades que nos axudaron a ser máis
conscientes do que está a ocorrer ao noso ao redor. Recollemos nun panel todos
os nomes das mulleres asasinadas este ano e alumnado de 2º de ESO animouse a
realizar un vídeo de denuncia.
Será este o último ano que teñamos que celebrar esta data? Mentres isto non
ocorra seguiremos levantando a nosa voz:
E entre tantas cabazas e lendas misteriosas e inexplicables, a biblio tamén colaborou cunha escolma de libros e películas dacordo coa temática desta celebración. Bótalle un ollo ás fotografías do noso SAMAÍN 2017 e prepárate para tremer!