Co final do primeiro trimestre, chegan as festas e o noso alumnado colaborou na decoración da entrada da biblioteca:
- Onde están as tesoiras?
- Pásame o pegamento!
- Recorta dese lado!
- Colle por aquí...
Con vontade e unha chea de mans dispostas a colaborar, todo se fai. Con rapazada así dá gusto!
24.12.18
23.12.18
Concurso de felicitacións de Aninovo!
Un ano máis o alumnado do Instituto creou postais para felicitar as Festas e o Aninovo. Parabéns aos premiados e premiadas!
1º premio: Lara González López (3ºA)
2º premio: Sabela Mouzo Suárez (2ºC)
3º premio compartido: Ana Canosa ( 2ºC) e Paula Vázquez (1ºB)
Que gocedes das vacacións e máis do voso agasallo!
Velaquí unha mostra dos traballos realizados:
1º premio: Lara González López (3ºA)
2º premio: Sabela Mouzo Suárez (2ºC)
3º premio compartido: Ana Canosa ( 2ºC) e Paula Vázquez (1ºB)
Que gocedes das vacacións e máis do voso agasallo!
Velaquí unha mostra dos traballos realizados:
28.11.18
Atende os sinais! Día Internacional da Non Violencia contra a Muller
A Biblioteca súmase aos actos do 25N. Un ano máis, infelizmente, non temos nada que celebrar. A xornada do venres, 23 de novembro, pasou a ser no noso centro unha ocasión para reivindicar a dignidade e integridade de todas as mulleres, que dun xeito ou doutro, poden estar en risco de padecer algunha forma de violencia. Adiantámonos, pois, por razóns de calendario, á xornada do domingo onde innumerables accións de rexeitamento cara a violencia machista percorreron o pais, e berraron un "basta xa!" claro e rotundo.
Desde a biblioteca, o noso voluntariado colaborou coa construción dun violentómetro, para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa cunha mensaxe clara: violencia non é só asasinato. Antes de chegar aí, hai todo un proceso de desgaste psicolóxico e físico da persoa agredida, que convén parar canto antes. Para pensar sobre este tema, o alumnado repartiu folletos con esta escala da violencia, ademais de ler varios poemas de Alba Canosa (antiga alumna) e Izaskún Santos (3ºC) que abordaban aspectos relacionados coa temática.
Ao acto asistiron Sandra ínsua e Rebeca Montes, Alcaldesa e Técnica de Igualdade do Concello de Camariñas, onde tamén se leu o manifesto e se gardou un minuto de silencio polas vítimas. A xornada rematou cunha fotografía con toda a comunidade dándolle as costas a esta lacra social, cunha morea de globos e mochilas negras onde se podía ler o lema "Camariñas en negro".
11.11.18
UN SAMAÍN PARA A COSTA DA MORTE!
Neste tempo de magostos e Samaín, o noso alumnado e profesorado implicáronse moito para facer dos últimos días de outubro toda unha celebración.
O alumnado do centro traballou para decorar a entrada con centos de morcegos e arañeiras... Outros déronlle forma ás cabazas que adornaron os chanzos da escaleira, mentres o equipo de voluntariado da biblioteca creaba o mural temático do Samaín. Desde a biblioteca, tamén sacamos de festa dúas mesas de libros con títulos en relación ao tema do terror, a etnografía e contos do extraño...
A xornada do 30 de novembro foi intensa e misturou un magosto a media tarde, un xogo de pistas polo interior do instituto, e un tempo para a caracterización como personaxe de medo. A velada continuou cunha cea nese espazo tan ben decorado nos días previos, con mesa corrida á lus do candil e ambientación musical.
Logo chegou o momento das contadas onde varios alumnos, narraron historias inventadas ou rescatadas da tradición para o resto de asistentes. A biblioteca foi un espazo ideal para esta actividade e máis para a proxección do filme "Coco", que aborda a temática da morte desde a emotividade e as relacións humanas.
Á media noite, despois de sustos, berros e sorpresas variadas, chegou o momento de retirármonos dereitiños ás casas...
As imaxes dan boa conta do traballo realizado desde os equipos de Actividades Extraescolares e Biblioteca, Titorías da ESO e Dpto. de Ed. Física:
Galería de Fotos
Grazas a todos e todas pola vosa participación! Pasámolo de medo!
22.9.18
ARRINCAMOS!!!
Chegou setembro e con el un novo curso.
O primeiro
día sempre causa un pouco de incerteza: novos profes, volver ver aos amigos,
risas,…En pouco tempo todas as dúbidas despéxanse e todos sabemos en que clase
imos, que compañeiros temos e a cales
terei que ver no recreo.
Os que chegan
por primeira vez, con catro cursos por diante están a pensar se realmente será
tan terrible como lles contaron. Os de cuarto comezan o fin da súa andaina
neste instituto, pero outros centros espéranos con novas experiencias.
Para todos,
de 1º a 4º e para todos os profes “novos” e “vellos” esperamos que este sexa un
bo curso, que o pasemos ben, que fagamos amigos e que aprendamos moitas cousas
novas. Sorte!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)