Probablemente unha das actividades que máis gusta entre a rapazada é a
redacción das cartas de afecto neste inicio de febreiro! ... A quen non lle
agrada recibir un verso, unha pequena felicitación ou, simplemente, unhas
palabras sinceras de alguén coñecido ou non tanto? Pois iso é ao que se dedicou o noso alumnado
durante os recreos nesta biblioteca: a escribir e decorar textos para agasallar
aos seus amoriños diversos entre a Candeloria
e o S. Valentín. Teñen boa maña para
estas cousas!
Velaquí unha reportaxe fotográfica cos mellores momentos!
26.2.19
Tres meses para quererse máis!
Remata xaneiro e desde a Biblioteca Escolar encaramos un trimestre cheo de
celebracións arredor dos sentimentos con datas previstas para o mes de febreiro e
marzo. As nosas propostas concretaranse durante a primeira quincena cunha
“caixa dos afectos” onde o alumnado poderá depositar as súas cartas de amizade
e amor co gallo da celebración da Candeloria e do S. Valentín. Pero a cousa non
remata aí, contra o final de mes, o día 25 de febreiro, habemos renderlle
homenaxe á poeta das poetas en lingua galega: Rosalía de Castro, unha namorada
da cultura e do pobo galego.
Xa en marzo, agárdanos unha data esperada, a visita de Carlos Negro para
falarnos da súa obra poética “Aplicación Instantánea”...
De momento, o mural da entrada á
biblioteca xa cambiou a súa apariencia para adaptarse a tanta expresión de
emocións e sentimentos... neste caso pola lectura!
Sen dúbida, será un trimestre emocionante!
24.12.18
Tempo de festas, tempo de Nadal!
Co final do primeiro trimestre, chegan as festas e o noso alumnado colaborou na decoración da entrada da biblioteca:
- Onde están as tesoiras?
- Pásame o pegamento!
- Recorta dese lado!
- Colle por aquí...
Con vontade e unha chea de mans dispostas a colaborar, todo se fai. Con rapazada así dá gusto!
- Onde están as tesoiras?
- Pásame o pegamento!
- Recorta dese lado!
- Colle por aquí...
Con vontade e unha chea de mans dispostas a colaborar, todo se fai. Con rapazada así dá gusto!
23.12.18
Concurso de felicitacións de Aninovo!
Un ano máis o alumnado do Instituto creou postais para felicitar as Festas e o Aninovo. Parabéns aos premiados e premiadas!
1º premio: Lara González López (3ºA)
2º premio: Sabela Mouzo Suárez (2ºC)
3º premio compartido: Ana Canosa ( 2ºC) e Paula Vázquez (1ºB)
Que gocedes das vacacións e máis do voso agasallo!
Velaquí unha mostra dos traballos realizados:
1º premio: Lara González López (3ºA)
2º premio: Sabela Mouzo Suárez (2ºC)
3º premio compartido: Ana Canosa ( 2ºC) e Paula Vázquez (1ºB)
Que gocedes das vacacións e máis do voso agasallo!
Velaquí unha mostra dos traballos realizados:
28.11.18
Atende os sinais! Día Internacional da Non Violencia contra a Muller
A Biblioteca súmase aos actos do 25N. Un ano máis, infelizmente, non temos nada que celebrar. A xornada do venres, 23 de novembro, pasou a ser no noso centro unha ocasión para reivindicar a dignidade e integridade de todas as mulleres, que dun xeito ou doutro, poden estar en risco de padecer algunha forma de violencia. Adiantámonos, pois, por razóns de calendario, á xornada do domingo onde innumerables accións de rexeitamento cara a violencia machista percorreron o pais, e berraron un "basta xa!" claro e rotundo.
Desde a biblioteca, o noso voluntariado colaborou coa construción dun violentómetro, para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa cunha mensaxe clara: violencia non é só asasinato. Antes de chegar aí, hai todo un proceso de desgaste psicolóxico e físico da persoa agredida, que convén parar canto antes. Para pensar sobre este tema, o alumnado repartiu folletos con esta escala da violencia, ademais de ler varios poemas de Alba Canosa (antiga alumna) e Izaskún Santos (3ºC) que abordaban aspectos relacionados coa temática.
Ao acto asistiron Sandra ínsua e Rebeca Montes, Alcaldesa e Técnica de Igualdade do Concello de Camariñas, onde tamén se leu o manifesto e se gardou un minuto de silencio polas vítimas. A xornada rematou cunha fotografía con toda a comunidade dándolle as costas a esta lacra social, cunha morea de globos e mochilas negras onde se podía ler o lema "Camariñas en negro".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)