E para os que non
fostes rápid@s abondo, habilitaremos novas quendas quincenais á volta das
vacacións!
Inscríbete na
biblio!
E para os que non
fostes rápid@s abondo, habilitaremos novas quendas quincenais á volta das
vacacións!
Inscríbete na
biblio!
Decembro é o mes
que marca o final de ano e tamén unha data moi significativa no calendario de
celebracións. O día 10 está dedicado a conmemorar a Declaración Universal dos
Dereitos Humanos, para lembrarnos que todos e todas nacemos libres e iguais e
que aínda son moitos os millóns de persoas no mundo con dereitos elementais sen
ser repectados. Esta realidade fai moi necesario educar para conseguir os Obxectivos 2030 do Desenvolvemento Sustentable definidos pola ONU.
Xunto co Certame Literario de Relato Curto, para sensibilizar ao noso alumnado ao respecto, programamos desde os clubs de lectura nas sesións deste mes, títulos onde a infancia e xuventude enfrenta situacións de inxustiza e de violación dos Dereitos Humanos.
O club de 1ºESO, traballou o título Cuando Hitler robó el conejo rosa de Judith Kerr, para falar sobre a brutalidade dos conflitos, a infancia perdida e os desprazados de guerra. Valéndose dun xogo de rol de ACNUR, o alumnado simulou as circunstancias vitais que viven millóns de refuxiados no mundo.
O club de 2ºESO, leu O neno do pixama a raias de John Boyne, xa un clásico das bibliotecas escolares, para abordar o tema da discriminación, a intolerancia e o respecto polo diferente, procurando fotografía de colección Getty que sorprendeu a máis dun. Xa por último, o club de 3ºESO, escolleu o libro Chamando ás portas do ceo de Jordi Sierra i Fabra, para dar a coñecer o traballo dunha cooperante nun contexto complexo como a India.
Deixamos as ligazón ás sesións do club hipervinculadas nos títulos dos libros para saber como se desenvolveron eses momentos!
Deste xeito, a proposta enmárcase tamén nunha liña de traballo desta biblioteca arredor dos ODS 2030, os Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable acordados pola ONU.
Neste sentido, unha das nosas actividades vai ser o Certame de Relato Curto aberto a todo o alumnado do centro, de 1º a 4º ESO, como unha oportunidade para promover a a creación literaria.
Esta será unha colaboración cos Departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá, que contará con dous premios para os mellores relatos.
Preme nas BASES para saberes máis!
Envía o teu relato ao enderezo da Biblioteca Escolar: biblioteca.ies.pedradaaguia@gmail.com
POR CAUSA DA SITUACIÓN SANITARIA o prazo de entrega adíase ata o 22
de decembro e o fallo do xurado ata o 8 de xaneiro!
As lecturas programadas servirán para afondar en temas complementarios ás materias nun formato descontraído e participativo. Arrancamos desta volta con títulos como A revolta dos animais de G. Orwell, Nómades de Xosé Tomás, La vuelta al mundo de un forro polar rojo de Wolfang Korn e Soy un punto de Giancarlo Macrí e Carolina Zanotti.
As lecturas serán dirixidas pola profesora da materia durante as sesións de aula ao longo do curso. Deste xeito, traballaremos tamén os ODS 2030, os Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable, acordados pola ONU co obxectivo de promover unha educaión para a cidadanía global.
As sesións de club de lectura xiraron arredor dos seguintes títulos: Unha estrela no vento de Ledicia Costas, As cousas claras de Neira Cruz e a Lección de August de R. J. Palacio
Velaquí a actividade do noso alumnado no blog do Club de Lectura Arao:
https://clublecturaarao.blogspot.com/2020/10/la-leccion-de-august.html
https://clublecturaarao.blogspot.com/2020/11/as-cousas-claras.html
https://clublecturaarao.blogspot.com/2020/11/unha-estrela-no-vento.html