Categoría A (1º e 2º
ESO): Marcos González
Categoría B (3º e 4º ESO): Paula Carril
Parabéns! Que disfrutedes do voso premio no comercio local de Camariñas!
Categoría A (1º e 2º
ESO): Marcos González
Categoría B (3º e 4º ESO): Paula Carril
Parabéns! Que disfrutedes do voso premio no comercio local de Camariñas!
Como vén sendo habitual, a Biblioteca Escolar colabora co ENDLG, Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, en traballos educativos arredor do día das Letras Galegas. Nesta ocasión, por causa da Covid19, foi difícil celebralo como era costume. Con todo, desde o IES Pedra da Aguia, sumámonos á última iniciativa escolar do ano Carvalho participando nun proxecto intercentros promovido desde os institutos do Milladoiro e Burela. A idea foi ler fragmentos dos múltiples xéneros cultivados polo autor, que apostou na ortografía reintegrada para o galego que falamos, abrindo as súas posibilidades comunicativas a toda a Lusofonía.
O noso alumnado púxolle voz a poemas como Sabela, contundencia a textos de A xente da Barreira, a que foi a primeira novela galega da posguerra, e moita solvencia a fragmentos do Scórpio que deron para falar un pouco sobre a nosa lingua.
Se premes AQUÍ poderás ver e escoitar o resultado do noso contributo a este proxecto colectivo.
Parabéns polas boas lecturas e participación!
Tes probado a ler as lecturas recomendadas nas materias de Galego e Castelán con tempo? Non esperes ao final e lembra que as vacacións poden ser un bo momento para levares estes e outros titulos a casa. Ler con calma presta máis!
Na Biblio
dispoñemos de exemplares suficientes e unha outra opción pode ser a través da
plataforma GaliciaLe. Só precisas asociarte á Biblioteca Municipal para obter
o teu carné alí tamén! Despois, é tan fácil como acceder e descargar o título
que desexes en formato dixital.
Das lecturas
programadas para a 2ª avaliación, encontrarás as seguintes en Lingua Galega:
1º ESO: O neno inverno de María Canosa
2ºESO: Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas
4ºESO: A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre
... E en Lingua Castelá:
3ºESO: El Conde Lucanor de Don Juan Manuel (Nota: non é a versión escolar)
4ºESO: Don Juan Tenorio de J. Zorrilla (Nota: non é a versión escolar)
E para os que non
fostes rápid@s abondo, habilitaremos novas quendas quincenais á volta das
vacacións!
Inscríbete na
biblio!
Decembro é o mes
que marca o final de ano e tamén unha data moi significativa no calendario de
celebracións. O día 10 está dedicado a conmemorar a Declaración Universal dos
Dereitos Humanos, para lembrarnos que todos e todas nacemos libres e iguais e
que aínda son moitos os millóns de persoas no mundo con dereitos elementais sen
ser repectados. Esta realidade fai moi necesario educar para conseguir os Obxectivos 2030 do Desenvolvemento Sustentable definidos pola ONU.
Xunto co Certame Literario de Relato Curto, para sensibilizar ao noso alumnado ao respecto, programamos desde os clubs de lectura nas sesións deste mes, títulos onde a infancia e xuventude enfrenta situacións de inxustiza e de violación dos Dereitos Humanos.
O club de 1ºESO, traballou o título Cuando Hitler robó el conejo rosa de Judith Kerr, para falar sobre a brutalidade dos conflitos, a infancia perdida e os desprazados de guerra. Valéndose dun xogo de rol de ACNUR, o alumnado simulou as circunstancias vitais que viven millóns de refuxiados no mundo.
O club de 2ºESO, leu O neno do pixama a raias de John Boyne, xa un clásico das bibliotecas escolares, para abordar o tema da discriminación, a intolerancia e o respecto polo diferente, procurando fotografía de colección Getty que sorprendeu a máis dun. Xa por último, o club de 3ºESO, escolleu o libro Chamando ás portas do ceo de Jordi Sierra i Fabra, para dar a coñecer o traballo dunha cooperante nun contexto complexo como a India.
Deixamos as ligazón ás sesións do club hipervinculadas nos títulos dos libros para saber como se desenvolveron eses momentos!