Neste segunto trimestre continuamos coa HORA DE LER para normalizar o hábito lector entre a comunidade educativa. Deixamos o calendario desta avaliación adaptado ao horario matinal recén inaugurado. Lembrade que saltamos os recreos a 3ª e 4ª hora para lermos todo o centro simultaneamente.
28.1.21
26.1.21
O retorno das mochilas viaxeiras!
Acabou o nadal e as mochilas viaxeiras xa están de volta. A experiencia foi ben valorada e esperamos que continúen circulando ao longo do trimestre. Os empréstitos faranse os luns, respectando unha semana de corentena entre un e outro.
Ánimate a participar e se che interesa, pasa pola biblio para te anotares!
Algunhas alumnas enviaron fotos desde as súas casas mentres curioseaban na mochila. O seguinte podes ser ti!
21.1.21
Unha guía para a biblioteca: formación de usuari@s
Desde a biblioteca disponibilizamos un breve caderno de traballo coas claves para entender como funcionamos aquí dentro e para que, de xeito lúdico, o alumnado o aprenda.
Aquí algunhas das fotos da experiencia!
Relatos con premio!
Categoría A (1º e 2º
ESO): Marcos González
Categoría B (3º e 4º ESO): Paula Carril
Parabéns! Que disfrutedes do voso premio no comercio local de Camariñas!
"Aos quatro ventos" Leitura Expansiva Intercentros
Como vén sendo habitual, a Biblioteca Escolar colabora co ENDLG, Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, en traballos educativos arredor do día das Letras Galegas. Nesta ocasión, por causa da Covid19, foi difícil celebralo como era costume. Con todo, desde o IES Pedra da Aguia, sumámonos á última iniciativa escolar do ano Carvalho participando nun proxecto intercentros promovido desde os institutos do Milladoiro e Burela. A idea foi ler fragmentos dos múltiples xéneros cultivados polo autor, que apostou na ortografía reintegrada para o galego que falamos, abrindo as súas posibilidades comunicativas a toda a Lusofonía.
O noso alumnado púxolle voz a poemas como Sabela, contundencia a textos de A xente da Barreira, a que foi a primeira novela galega da posguerra, e moita solvencia a fragmentos do Scórpio que deron para falar un pouco sobre a nosa lingua.
Se premes AQUÍ poderás ver e escoitar o resultado do noso contributo a este proxecto colectivo.
Parabéns polas boas lecturas e participación!




