Esta semana comezan as primeiras reunións dos Clubs de encontro para tomar contacto, fixar obxectivos e planificar as seguintes reunións.
14.3.22
14.2.22
14 Febreiro: San Valentín e Candeloria
O 14 de febreiro celébrase o día de San Valentín e quixemos festexar este día repartindo as cartas e os agasallos elaborados por alumnado e profesorado. O voluntariado da Biblio foi o encargado desta amorosa tarefa.
Moitas foron as persoas afortunadas!
Deixámosvos o vídeo que recolle estes momentos.😍
10.2.22
11F: Día da muller e da nena na Ciencia
8.2.22
Concurso Ilustración polo 8M
Animámosvos a participar nun novo concurso de ilustración, nesta ocasión, co motivo da conmemoración polo 8M.
Anótate na Biblio ata o venres 11 e, así, poderemos titorizar o teu traballo. O venres 18 recóllense as ilustracións para envialos a concurso.
Pasa pola Biblio se queres participar!
2.2.22
Semana de celebración polo Día da Candeloria
Desde a Biblioteca propoñemos unha actividade para celebrar unha semana de afectos co motivo da Candeloria e do San Valentín.
Que?
Invítase ao alumnado a realizar algunha destas actividades:
Escritura de cartas de afecto. Insistiremos en que o tono das cartas sexa o adecuado para evitar así cartas de burla. Por tal motivo, poderán ser revisadas.
Realización de figuras de plastilina
Realización de debuxos ou ilustracións.
Elaboración doutras manualidades ao gusto: colares, origami,...
*Todo o material estará dispoñible na Biblioteca.
Cando?
Estas actividades realizaranse entre o 2 e o 9 de febreiro.
Todo o material elaborado depositaranse nuns buzóns localizados na entrada da biblioteca. Importante: escribir o nome no sobre da persoa á que vai destinado o agasallo.
O día 14 de febreiro repartiranse os agasallos ás personas destinatarias.
