22.4.22

Día da Terra 2022


 Hoxe celébrase o Día da Terra e desde o nos IES aproveitamos a ocasión para amosarvos o traballo realizado polo alumnado de 2ºESO que neste día, acabaron de plantar vexetais, plantas aromáticas e ornamentais no invernadoiro.

Deixámosvos este vídeo con algunhas das fotografías de todo o proceso.


Esta actividade encádrase dentro do proxecto VIDA (sobre consumo e produción responsable, benestar emocioanl e hábitos de vida saudables), coordinado pola Biblioteca escolar e en colaboración con varios departamentos.







4.4.22

Convocatoria dun certame literario e artístico

Conmemorando o Día do Libro, a Biblioteca escolar convoca un concurso literario, fotográfico e de ilustración
a partir dunha frase escollida do libro:
O Mercader de Venecia de William Shakespeare, morto un 23 de abril de 1616.


“O AMOR, COMO CEGO QUE É, IMPIDE AOS AMANTES 

VER AS DIVERTIDAS PARVADAS QUE COMETEN”            

      “EL AMOR, COMO CIEGO QUE ES, IMPIDE A LOS AMANTES

  VER LAS DIVERTIDAS TONTERÍAS QUE COMETEN”

                                 William Shakespeare,  “ O Mercader de Venecia”



Nas aulas quedarán colgadas as bases da convocatoria para que lles botedes unha ollada.

Pasa pola Biblio se queres máis información!

21.3.22

Lecturas obrigatorias 3ª Avaliación

 Xa tedes á vosa disposición os libros de lectura obrigatoria da 3ª avaliación.

Pasade pola Biblio a recollelos!




15.3.22

Hora de Ler 3ª Avaliación

 Presentamos o novo calendario da Hora de Ler correspondente á 3ª Avaliación. 

Xa está dispoñible no taboleiro das aula, na sala do profesorado e na entrada da Biblioteca. 




14.3.22

Comezan os clubs de encontro na Biblio

 Esta semana comezan as primeiras reunións dos Clubs de encontro para tomar contacto, fixar obxectivos e planificar as seguintes reunións.




Club de Xadrez


Club do xornal escolar


Club de dinosaurios