20.9.22

Benvidos á Biblio neste curso 22-23!

  Empezamos este ano escolar coa proposta dos Clubs de Encontro que deu comezo o vindeiro curso. 

Se estades interesados/as, é o momento de que propoñades un club ou de que vos sumedes a unha ou varias das propostas doutros/as compañeiros/as. 

Na entrada da Biblio tedes estes carteis para anotarvos.

Non perdas a oportunidade de compartir as túas afeccións!

                   

18.5.22

Día das Letras Galegas con Antía Yáñez

 Hoxe o alumnado de 1ºESO  recibiu no instituto a Antía Yáñez, autora do libro O misterio de Portomarín, o cal leron na materia de Lingua Galega. A autora explicoulles os motivos de escribir un misterio ambientado nesa vila e fíxolles un recorrido fotográfico do lugar. O alumnado resolveu a súas dúbidas e fóronse animando a preguntar a medida que o encontro avanzaba.




Tamén o alumnado dos Clubs de Lectura desfrutaron da presenza da escritora, e o encontro foi moito máis íntimo, rodeado de preguntas máis persoais e no que espertaron novas paixóns.




12.5.22

Encontro con Antía Yáñez

 O prómixo mércores 18 de maio, aproveitando a conmmemoración do Día das Letras Galegas, temos o pracer de recibir no noso instituto a Antía Yáñez Rodríguez gañadora do premio dos Clubs de Lectura de 2022.

O encontro estará dirixido ao alumnado de 1ºESO que, durante este trimestre, leron a súa obra titulada "O misterio de Portomarín". Tamén disfrutará do encontro o alumnado participante dos Clubs de Lectura de 2ºESO e 4ºESO.





5.5.22

Última sesión de formación de usuarios para 1ºESO

 Xa na recta final do curso escolar, o alumnado de 1ºESO asistiu á última formación impartida pola Biblioteca. 

Nesta ocasión o tema tratado foi a búsqueda de información fiable na web. O alumnado realizou unha actividade práctica para comprobar a fiablidade de certas webs a partir duns criterios de avaliación sinxelos. Aquí deixamos o link á presenación da actividade.

Estas son algunhas das imaxes do encontro.





25.4.22

Día do Libro 2022

 Como cada ano, o 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Nesta ocasión, parte do alumnado voluntario e outros, que máis frecuentan a Biblioteca, prestáronse a amosar un do seus libros favoritos.




Noraboa ás gañadoras do Concurso literario e artístico!

 Grazas pola vosa participación😀