Durante esta 1ª avaliación contamos con dez sesións da hora de Ler. Comezamos os xoves 29 debido a que, neste trimestre, os festivos cadran en luns, martes e mércores, principalmente.
26.9.22
23.9.22
Menús literarios para os Clubs de Lectura
Durante este curso introducimos menús literarios para presentar as propostas dos libros que se van ler nos diferentes grupos dos Clubs de Lectura.
Desexamos que estas propostas sexan do gusto do alumnado e que se animen a participar.
20.9.22
Benvidos á Biblio neste curso 22-23!
Empezamos este ano escolar coa proposta dos Clubs de Encontro que deu comezo o vindeiro curso.
Se estades interesados/as, é o momento de que propoñades un club ou de que vos sumedes a unha ou varias das propostas doutros/as compañeiros/as.
Na entrada da Biblio tedes estes carteis para anotarvos.
Non perdas a oportunidade de compartir as túas afeccións!
18.5.22
Día das Letras Galegas con Antía Yáñez
Hoxe o alumnado de 1ºESO recibiu no instituto a Antía Yáñez, autora do libro O misterio de Portomarín, o cal leron na materia de Lingua Galega. A autora explicoulles os motivos de escribir un misterio ambientado nesa vila e fíxolles un recorrido fotográfico do lugar. O alumnado resolveu a súas dúbidas e fóronse animando a preguntar a medida que o encontro avanzaba.
Tamén o alumnado dos Clubs de Lectura desfrutaron da presenza da escritora, e o encontro foi moito máis íntimo, rodeado de preguntas máis persoais e no que espertaron novas paixóns.
12.5.22
Encontro con Antía Yáñez
O prómixo mércores 18 de maio, aproveitando a conmmemoración do Día das Letras Galegas, temos o pracer de recibir no noso instituto a Antía Yáñez Rodríguez gañadora do premio dos Clubs de Lectura de 2022.
O encontro estará dirixido ao alumnado de 1ºESO que, durante este trimestre, leron a súa obra titulada "O misterio de Portomarín". Tamén disfrutará do encontro o alumnado participante dos Clubs de Lectura de 2ºESO e 4ºESO.









