6.5.13

SABÍAS QUE...?
FASE 2
Máis dunha sorpresa tivemos durante a priomeira fase de Sabías que...? Equipos que parecían destinados a conseguir o premio  'caeron' nesta primeira fase, e outros, que había quen dicía que non pasarían, están nesta segunda fase. Veremos se hai sorpresas novas! De momento a cousa está interesante e temos oito equipos que se enfrontarán en 4 partidos 'a vida ou morte'. Os catro que pasen a primeira 'criba' se enfrontarán entre eles ate chegar á gran  final entre dous equipos.
A tensión aumenta e o tempo das respostas disminue! Atentos!

28.4.13

OS LIBROS ELECTRÓNICOS
Hai xa un tempiño que nos diferentes clubs de lectura do centro vimos experimentando cos lectores de libros electrónicos (non confundir coas tablets). Hai quen está encantado co seu uso, especialmente os adultos, curiosamente, e hai quen di que nunca escollerá esa forma de lectura. Ben, para gustos hai cores, aínda que eu penso que cada cousa hai que usala para o que é. Persoalmente non penso renunciar a ningún deles!
En calquera caso, agora que xa dispomos de algún máis, quedades todos/as invitad@s a probar este novo sistema. Igual que sucede cos libros impresos, podedes solicitar da biblioteca a compra neste formato dos títulos que vos interesen. Sabedes que se hai cartos dispoñibles é moi difícil que non fagamos caso das vosas suxestións. Para disfrutar dos "readers" aquí tedes unha pequena guía de uso. Animádevos a probalo!

23.4.13

23 de abril, día do LIBRO


14.4.13

 "OLLANDO LIBROS"
VOTACIÓN
Ben, vale, de acordo!
Non estaba organizado deste xeito pero varias persoas nos preguntaron que cando podían votar pola foto que máis lle gustaba, así que... a organización do concurso decidiu que na entrega do premio había que ter en conta a votación popular. Para o xurado é un alivio, porque a verdade que as fotos non foron moitas, pero si bastante boas, e decidir unha soa é complicado.
Podes votar por un máximo de tres fotos. A suma de votos dará a foto gañadora e, en caso de empate, o xurado terá a última palabra.
Queremos tamén agradecer ás persoas que participaron no concurso. Sempre consiguen sorprendernos con ideas que non se nos pasaran pola cabeza demostrando que temos entre o alumnado grandes doses de creatividade. Graciñas.
O enlace para as votacións está aquí. Pulsa aquí para contestar una encuesta

9.4.13

José Luis Sampedro
Unha perda irreparable
O humanista, economista e escritor José Luis Sampedro faleceu aos 96 anos en Madrid. Era membro da Real Academia Española desde 1990 e catedrático de Estrutura Económica da Universidade Complutense de Madrid, pero sobre todo era un ser humano. Non queremos deixar pasar o seu falecemento sen dedicarlle unhas verbas de agradecemento non só polos seus libros, senón tamén pola seu compromiso coa vida.
No Club de Lectura Arao de adultos lemos La sonrisa etrusca, que nos emocionou a todos e todas e fíxonos rir e chorar, un libro cheo de tenrura. Podedes ir á entrada deste libro no blog do club picando aquí. Tamén vos deixo unha frase, escollida entre outras moitas, deste libro que é un canto ás gañas de vivir, á tolerancia ao tempo que unha crítica á vida acelerada das cidades e ao perigo de deshumanización na vida moderna: En un súbito impulso se abrazaron, se abrazaron, se abrazaron. Metiendo cada uno en su pecho el del otro hasta besarse con los corazones.”
Ademais de La sonrisa etrusca escribiu El río que nos lleva que foi levado ao cine, unha triloxía formada por Real Sitio, Octubre, octubre y La vieja sirena y, por último, El amante lebiano entre  moitas outras obras.
Forges lle dedica hoxe esta viñeta en El País.
Se picades aquí podedes ver unha entrevista que lle fixo Iñaki Gabilondo para Canal+