26.9.13

EU ANDO,
TI ANDAS,
NOS ANDAMOS...

Anda queeee...!!  Foi corta a camiñata, todo o mundo pedía máis, e máis, e máis...
Non podemos queixarnos, o tempo respectounos moito e ata houbo algún atrevido/a que se meteu no mar. Querían darlle unha boa despedida ao verán!
A verdade é que, coma sempre, estas camiñatas están moi ben: poder falar coa xente sen historias de clase, notas e demais. Poder ver paisaxes ben bonitas e, para algúns, incluso coñecer sitios novos do noso concello ou arredores. E, coma sempre (e hai que decilo) case todo o mundo tivo unha actitude estupenda e o ambiente xeral estivo moi ben. Eu polo menos, paseino estupendamente. Que se repita!!

23.9.13

OLA DE NOVO!!
Xa estamos aquí, un ano máis. Saúdamos aos vellos coñecidos/as e damos a benvida aos rapaces e rapazas que comenzan este ano a súa andadura connosco. Temos tamén, como non, un recordo moi especial (bágoa deslizándose meixela abaixo...) para os que marcharon o curso pasado hacia novas aventuras. Seguro que lles irá moi ben!
Desde a biblio tamén queremos desexarvos un curso moi bo a todas e todos e, aínda que isto non é ningunha Guerra nin estamos noutra Galaxia, queremos decirvos: que a forza te acompañe (e os aprobados tamén)!!
BENVIDOS 

24.6.13

CHEGA O VERÁN
Ou polo menos eso dí o calendario! Pero si, seguro que chegará a calor, a praia, os baños e as festas. E seguro tamén que no medio de todo isto moitos atoparedes tempo para ler aquelo que non puidéchedes ler durante o curso. Eso din os andeis da biblio, que quedaron medio espidos os pobres, ou mellor dito: os afortunados, que quedar así cando a xente leva libros, é o mellor que lle pode pasar a un andel de biblioteca! Algo axudou o tempo no remate de curso, xa que aínda que non houbo sol, permitiunos celebrar xogos ao aire libre e pasalo ben: pouco precisamos cando estamos ben e a gusto, como ese día:
Unha despedida especial para os 'avós e avoas" de 4º, que andaban ese día de cruceiro polo Mediterráneo adiante. Ímolos botar moito de menos, que lles temos collido moito cariño. Queremos velos aparecer de cando en vez por aquí e que nos conten como lles vai, que vai ser que ben! Lembrade que tedes carné da biblio para 20 anos, así que... esperámosvos!!

13.6.13

GUÍA DE VERÁN

Ánimo, que xa casi estamos! Queda moi pouquiño para rematar o curso e seguro que tamén queda moi pouquiño para que veña o sol de verdade e poidamos ir á praia.
Estes días andamos todos coa cabeza chea de exames, traballos e afogos variados, pero non esquezades que en canto pase este apuro teremos tempo abondo para facer de todo. E como non, para ler! Aquí tedes a guía da biblioteca coas recomendacións para estas vacacións, pero xa sabedes que nos andéis hai moitos outros libros esperando por vos. Un aviso: os máis rápidos xa andan facendo os seus lotes, así que si tedes botado o ollo a algún... apurade, que marchan. (Que gusto da dicir esto!)

3.6.13

VENCEDORAS
Un montón de equipos, xente de 3º e 4º... e as gañadoras do Sabías que...? foron as compoñentes dun equipo de 1º! Fantástico. Para que logo digan que non hai posibilidades! 
Foron as máis constantes, as máis rápidas buscando información (notarase que atenderon ben cando falamos da organización da biblio???) e dos equipos máis "serios" á hora da puntualidade e de ter conta cando e con quen lles tocaba competir. Tampouco se poden queixar os subcampións, que tamén tiveron o seu premio, nin os participantes, aos que lles tocou por sorteo.
E tamén queremos agradecer desde a biblio a participación a todos/as os que se apuntaron, que dá ánimos para seguir organizando outro ano, aínda que eso si... con cousas novas. Estade atentos!