12.3.14

VIVE E DEIXA VIVIR!
Case mellor así que como dí a obra: ni come ni  comer deja. Pode ser unha das cousas que aprendamos da obra de Lope que vimos hoxe, "El perro del hortelano", sobre todo se temos en conta que xa non son aquelas épocas en que "nobreza" sempre saía gañando, aínda que fora con trampas (Ou estou equivocado...??).
En calquera caso, en cuestión de amoríos, pode que Lope non se quede tan anticuado e que desde a súa época ata hoxe o que máis cambiara fora a vestimenta e o uso do verso (pena!!). Ben, ademáis das 'disquisicións' histórico-amorosas hai que decir que todo o mundo estivo moi ben no teatro e fora del, aínda que algúns se enteraran máis que outros do que alí se contaba. Un aplauso para as que se animaron a preguntar unha vez rematada a obra. E de premio estas fotos de aquí abaixo:

25.2.14

REY E DAMA
Xa temos novo Rey e nova Dama: Javi e Paula. Quedaron coroados hoxe, logo de longas e perigosas batallas... no taboleiro. Para conseguir o seu trono, digo o seu premio, tiveron que vencer un último obstáculo: dunha banda a "final masculina" con Javi enfrentándose ao profe Carlos, o terror do reloxo, e doutro a "final feminina" con Paula fronte a Emilio, con toda  a súa barba! Superado o obstáculo, con gran mérito pola súa banda, obtiveron un precioso reproductor de MP3 para a nova Dama e un taboleiro de viaxe, configuras de madeira, para o novo rey. Que os disfruten moito e durante moito tempo!
 LONGA VIDA AO REY!!  LONGA VIDA Á DAMA!!

16.2.14

ESTRELAS E RÚAS
Pois iso foi o que andivemos a facer co Club de Lectura Arao, ir en busca das estrelas e "patear" as rúas de Cidade Vella da Coruña. E todo por culpa de dous libros: "O corazón de Xúpiter", que nos proporcionou a excusa para visitar o Planetario, na Casa das Ciencias, e "A coroa de Napoleón" que serviu para visitar a Torre de Hércules, o Museo Militar e percorrer as rúas da cidade histórica, visitando algúns lugares que habitualmente non adoitan visitarse cando imos á cidade. A pena que nos quedou foi a visita ao Xardín de San Carlos, pechado por mor do temporal, igual que a terraza da Torre.
E hai que decir que o tempo, incriible, respetounos todo o día, sen necesidade de recorrer a ningún 'Plan B'.  Pode que tal vez algúns botasen en falta algo de chuvia para 'reanimarse', porque máis dun e dunha acabou buscando calquera banco no que asentar as súas posadeiras...

29.1.14

COSTA DO SOLPOR
A última lectura realizada por este club foi “Costa do Solpor” e hoxe tivemos a honra de ser o primeiro Club de Lectura que conta coa presenza do autor, que tamén se estreaba neste tipo de encontros cos seus lectores. Un encontro que resultou moi agradable e proveitoso, contando ademais coa vantaxe de que os lugares nos que transcorre a aventura son perfectamente coñecidos, e recoñecidos na novela, por todos nós.
Nunha charla moi distendida o autor revelounos segredos da procedencia de datos, nomes e escenarios da novela, deixándonos ver con claridade o contexto histórico no que esta se desenvolve, así como as licencias xeográficas que se permitiu para axeitar o terreo ás necesidades narrativas, se ben puidemos “percorrer” moitos deles tal como son: Laxe, Camariñas, A Ponte, Muxía... e tamén os pequenos cabos, praias e enseadas.
Como tantas veces o club de lectura vai máis alá do libro impreso, permitíndonos neste caso, ademais do intercambio co autor, darlle valor ao noso, ao que temos na porta da casa e que tantas veces deixamos de lado. Algo que temos que agradecerlle a Xosé Mª Lema que sempre defendeu o de aquí e sempre se interesou pola posta en valor da nosa cultura e o noso patrimonio, como ten demostrado en moitos ensaios e artigos ao longo do tempo.

26.1.14

REMEDIO EFICAZ
Xa o sabiamos, pero non deixa de sorprender que haxa quen o explique tan ben explicadiño. Por se tiñas dúbidas:


(Vía: CPI Viaño pequeno)