25.9.14

FACENDO CAMIÑO
Para darlle un toque marchoso ao curso toca "marchar". Como cada ano, aos poucos días de empezar as clases tomámonos un día de relax, sen libros pero con calzado cómodo, e botámonos ao monte... a camiñar e coñecer novas rutas. Tempo de charla, de risas e de compartir bocata, coñecendo, ao tempo, un pouco mellor aos demais.
Desta volta tocoulle a Muxía, baixando primeiro polos Muíños ata a desembocadura na praia (que medo, mollar os pés!!), subida a Chorente e á ermida de San Roque para baixar a Muxía e rematar nas pedras da Barca, coa nosa querida Camariñas fronte a nós.
Aquí queda unha mostra en imaxes da marcha, pero sabedes que hai máis no ordenata da biblio.
BO CURSO!


17.9.14

ARRANCAMOS
Con atrancos, pero ao final arrancamos!
Non en tan boas condicións como quixeramos, pero aquí estamos de novo, outro ano máis, no comezo dun novo curso, coas súas sorpresas, alegrías, temores, encontros, abrazos, esperanzas...
A biblioteca, coma sempre, davos a benvida, coa ilusión de que a visitedes moito e usedes todo canto pode afrecervos.
Damos a benvida especialmente ao grupo de novos alumnos/as, que entran por primeira vez neste centro. e tamén aos seus pais e nais, que parece que veñen con gañas de facer e compartir. A todos:
BENVIDOS!!
E de propina, para un sorriso, unhas imaxes da presentación e un vídeo.

22.6.14


REMATANDO O XOGO
Rematou o xogo deste curso! E rematamos xogando. Unha boa despedida para un curso. Con xogos e cancións, que aprece que o personal vaise afeccionando a esto da música  e xa son varios os que cantan e tocan algúns instrumento. Será que vai chegando a hora de montar un grupo musical no centro? Ou pode que máis de un, de distintos estilos? Aí queda a idea por se alguén quere recollela!
De momento o que vos deixo é un vídeo cunha selección de fotos e de atuacións. Xa sabedes que o que queira levar as fotos ou o vídeo das actuacións tédelos dispoñibles no ordenador da biblio.
 Desde a biblio só queremos dicir aquí estaremos cando regresedes (todos, incluso os que se van), e mentras tanto:
BON VERÁN! 

8.6.14

O PRIMEIRO DE MOITOS
Un grupiño de frikis e frikas do instituto, baixo a dirección do profe máis artista, deron en facer este Fanzine, A Voz da Aguia, que seguro que terá máis números en vindeiros cursos.
A verdade é que lles quedou moi ben. Igual o próximo curso se animan a continuar e eu diría que incluso deberían facer unha edición a cor e vendela, que seguro que hai clientela abonda. Os de primeiro, cando me viron chegar con ela a clase, xa preguntaban como conseguila, así que xa sabedes, hai que seguir.
 E os autores/as xa saben que no que queiran facer a biblio colaborará en todo o que poida, que para eso estamos, oiga.  Ademais é que saíron moi guapos na foto...

 Para que vexades o que fan deixamos aquí a fotonovela publicada. Tede coidado os que padezan do corazón, que da moito medo!

1.6.14

WE ARE THE CHAMPIONS!!
Pois si! estes son os "Champions" da edición deste curso de Sabías que...? Hai que dicir que foron un dos equipos máis coordenados e que repartiron máis o traballo entre os membros do equipo. Teñen tamén o mérito de ser de 2º, igual que os subcampeóns, habendo equipos de 4º na "pelexa". 
Tamén hai que destacar ao equipo de 1º que chegou a Semifinais e que caeron en gran parte debido aos nervios da inexperiencia. Seguro que en futuras edicións, xa con máís calma e experiencia, darán guerra.
A nosa noraboa a todos os participantes, premiados ou non. Pola nosa banda dicir que seguimos aprendendo e que se o próximo curso nos vemos nas mesmas... haberá novidades!

Sabías que 13-14 on PhotoPeach