13.11.14

reSeteando
Ou reCogumeleando, para entendernos. Saír ao monte, localizar os cogomelos, diferenciar con claridade algún dos comestibles e con precisión os tóxicos, respetar o entorno, favorecer o crecemento de novos exemplares... 
É certo que hai xa uns días do acontecemento, pero a verdade é que é unha actividade ben interesante e que cada vez ten máis adeptos por estas terras, así que non podía resistir a tentación de deixar constancia aquí desta actividade, nin deixar de agradecer a colaboración de Manuel Pose, un auténtico especialista, un dos mestres das setas (entre outras varias cousas), compoñente da sociedade Pan de Raposo. Alguén se anima a preparar un revolto de cogomelos?


10.10.14

QUE MEDO ME DAS!!
Levamos xa uns días de outubro e vai chegando a hora do medo! O xurado do certame de micro-relatos "Que medo me das!!" está impaciente por botarse a tremer lendo as arrepiantes historias do noso alumnado.
Este curso temos a novidade de que as historias que inventedes teñen como punto de partida unhas imaxes, no sitio das palabras ou frases habituais outros anos, que esperamos que sirvan para espertar a malévola imaxinación dos nosos zombies... digo, dos nosos alumnos.
Aquí deixamos as imaxes para que vos sirvan de expiración, digo de inspiración, e ollo ás bases da convocatoria que tedes nas aulas!
Que teñades horribles soños!
Imaxe 1

Imaxe 2

Imaxe 3

Imaxe 4

25.9.14

FACENDO CAMIÑO
Para darlle un toque marchoso ao curso toca "marchar". Como cada ano, aos poucos días de empezar as clases tomámonos un día de relax, sen libros pero con calzado cómodo, e botámonos ao monte... a camiñar e coñecer novas rutas. Tempo de charla, de risas e de compartir bocata, coñecendo, ao tempo, un pouco mellor aos demais.
Desta volta tocoulle a Muxía, baixando primeiro polos Muíños ata a desembocadura na praia (que medo, mollar os pés!!), subida a Chorente e á ermida de San Roque para baixar a Muxía e rematar nas pedras da Barca, coa nosa querida Camariñas fronte a nós.
Aquí queda unha mostra en imaxes da marcha, pero sabedes que hai máis no ordenata da biblio.
BO CURSO!


17.9.14

ARRANCAMOS
Con atrancos, pero ao final arrancamos!
Non en tan boas condicións como quixeramos, pero aquí estamos de novo, outro ano máis, no comezo dun novo curso, coas súas sorpresas, alegrías, temores, encontros, abrazos, esperanzas...
A biblioteca, coma sempre, davos a benvida, coa ilusión de que a visitedes moito e usedes todo canto pode afrecervos.
Damos a benvida especialmente ao grupo de novos alumnos/as, que entran por primeira vez neste centro. e tamén aos seus pais e nais, que parece que veñen con gañas de facer e compartir. A todos:
BENVIDOS!!
E de propina, para un sorriso, unhas imaxes da presentación e un vídeo.

22.6.14


REMATANDO O XOGO
Rematou o xogo deste curso! E rematamos xogando. Unha boa despedida para un curso. Con xogos e cancións, que aprece que o personal vaise afeccionando a esto da música  e xa son varios os que cantan e tocan algúns instrumento. Será que vai chegando a hora de montar un grupo musical no centro? Ou pode que máis de un, de distintos estilos? Aí queda a idea por se alguén quere recollela!
De momento o que vos deixo é un vídeo cunha selección de fotos e de atuacións. Xa sabedes que o que queira levar as fotos ou o vídeo das actuacións tédelos dispoñibles no ordenador da biblio.
 Desde a biblio só queremos dicir aquí estaremos cando regresedes (todos, incluso os que se van), e mentras tanto:
BON VERÁN!