13.2.16

BUSCANDO TREGUA
 Xa levamos sete "batallas" e todo parece indicar que na seguinte se decidirá definitivamente o vencedor desta "IX Guerra" no terreo dos escaques.
Este ano as batallas foron intensas e sobre todo moi rápidas, xa que inauguramos a modalidade de xadrez a 5 minutos (Os tempos de recreo mandan!). Moita emoción e nervios ás veces baixo control e ás veces sen el. Os de primeiro veñen pegando forte e as súas estratexias parece que funcionan, xa que na 7ª e penúltima ronda un deles se destaca. En breve confirmaremos o resultado da última batalla. A ver como lle foi aos da foto de abaixo. Pasade o rato pola foto e veredes......

6.2.16

GRAZAS, Xosé Neira Vilas
Despois de dedicarlle estas últimas semanas á relectura de diferentes libros de Neira Vilas, este mércores tivemos unha xuntanza do Club Arao de adultos. Léramos exemplares de diferentes edicións (desde as primeiras ata as últimas) falamos do galego e a súa normativización e da importancia de Neira na difusión da lingua (a moitas de nós facilitounos as primeiras lecturas en galego). Logo, a partir destas lecturas, recordamos vivencias personais ou anécdotas relacionadas con diferentes temas: o loito, a emigración, os costumes e a vida doutros tempos… Foi unha xuntanza moi emotiva. Grazas, Neira Vilas. 

30.1.16

... E A OUTRA
O vídeo de Mabel, a terceira en orde de 'aparición', aínda que tanto daría ver primeiro un que outro. Os tres pagan a pena.
Graciñas, rapazas!
FALTABA UNHA...
Coas miñas desculpas a Bea e Mabel, que aínda que gravaron os seus vídeos ao tempo que Zeltia tiveron que agardar a que a edición estivera feita.
Con elas completamos o primeiro "trío" de booktubers do Arao, pero anda xa voando, por aí un paxariño dicindo que á volta do Antroido moi posiblemente teñamos algunha intervención máis.
 É a primeira vez que facemos isto pero parecen xa veteranas, como demostra a 'soltura' de Mabel e Bea nestes vídeos. Aquí tedes a proba, primeiro o de Bea... (por orde de aparición)
 

21.1.16

BOOKTUBERS ARAO
Zeltia foi a máis atrevida e estreou a futura lista de intervencións dos membros do club de lectura como "booktubers", para presentar e comentar os libros que lemos no club e algúns outros que escollerán voluntariamente @s  lector@s. Como primeira incursión neste tipo de vídeos non está mal a elección do libro a tratar: "Un mundo feliz", de Aldous Huxley, aínda 'quentiño' na memoria das lectoras.
Ben por Zeltia, que parece xa unha veterana 'booktuber'. Aquí podedes vela en acción. Paga a pena!