Rematamos o mes das Letras
Galegas
con festa!!!
O martes 30, despedimos maio dun xeito festivo. Que mellor forma de
homenaxear a Carlos Casares que representando una obriña súa! O grupo de teatro
de 1º de ESO do instituto representou a obra: “As laranxas máis laranxas de
todas as laranxas”. Da man de Mónica, Susana, Begoña e Yolanda, a nosa compañía
particular de teatro fíxonos disfrutar dunha divertidísima obra onde un limoeiro dabaunhas enormes laranxas que
estoupaban cando se lles tocaba. Ao seu redor xúntase unha colección de veciños estraños.

"Sentadiñas no pantalán a velas vir e deixalas pasar..."
Tamén atracou
no IES Plurilingüe Pedra da Aguia o grupo Blues do País, unha formación
musical que reivindica que o Blues e Soul se pode cantar nunha lingua tan
fermosa coma o galego.
Despois do xantar, escoitamos a voz profunda e
desgarradadora de moitas recolectoras e recolectores de algodón.
As
letras das súas cancións están cheas de retranca e ironía, reivindicando
non so o papel da muller senón tamén da cultura autóctona.
Voces como Etta
James e Janis Joplen saen da gorxa de Bietta James nada en Oza dos Ríos un
25 de abril. Pepe King, tamén coñecido pola súa familia e amigos como
Brais, naceu en Camos, Nigrán e co son das ondas do mar afinou a súa
guitarra en solitario. Foi perfeccionando a súa técnica cando chegou a
puberdade, e o seu arte eclosionou no grupo Sacha na Horta.
En
Compostela, un día primaveral, a voz de Bieitta e a harmónica de Brais
conseguiron tuinguir de branco e negro a cidade, e comenzaron a súa
andaina musical. Levan tres anos percorrendo Galicia e mesmo traspasando as
fronteiras da Península enchendo os Centros Educativos de boa música e
moita retranca, sempre cun estilismo acaído ao rural porque no “estrume
tamén hai superstars” e iso ben se ve!