21.10.20
Arranca a Hora de Ler no Pedra da Aguia
20.10.20
Xa están feitas as BiblioCaixas!
Desde hai un par de anos, contábamos cunha pequena sección da Biblioteca Escolar en cada aula con fondos da biblioteca e dos departamentos para dar que ler e falar en cada materia.
Nese sentido, a Covid19 cambiounos os plans
mais xa temos alternativa. As BiblioCaixas conteñen unha selección de libros de
xénero e temática variada: teatro, Ciencia, poesía, Historia,
Filosofía…narrativa en xeral e tamén banda deseñada. Esperamos facer máis
accesible a lectura e axudar co programa Hora de Ler, en caso de que algunha
persoa esqueza o seu libro na casa.
Ah! E despois de seren usados, os libros
voltan ás caixas para facer a súa corentena.
Cada día somos máis!
Recibimos durante o recreo ao alumnado de 1ª
ESO para entregarlles o carné de lectura. Sumamos corenta e catro novos socios
e socias para dinamizar este espazo común que é a Biblioteca Escolar.
Esperámosvos nas diferentes actividades que terán lugar ao longo do ano, moi
especialmente no club de lectura! E lembrade que se tedes propostas de libros
que nos falten, todas elas son ben recibidas! Anotádeas no taboleiro da
entrada!
Benvid@s!
Sesión de portas abertas e ben ventilada para novo alumnado!
A Biblioteca Escolar abre as súas portas para mostrar o espazo e o seu funcionamento ao alumnado novo deste curso. Aula por aula fomos explicando as claves para botar andar e usar a biblioteca normalmente. As diferentes seccións, os préstamos, o protocolo Covid19, algunhas normas básicas ou algunhas das actividades previstas para este curso diferente, foron presentadas á rapazada de 1ºESO. Preme aquí para ver a presentación que usamos!
Agora si que podemos comezar!
22.9.20
En marcha para este novo curso pandémico!
A pesar das circunstancias, chega o inicio de curso e todo son preparativos. Por iso, ao longo destes días, o equipo de Biblioteca Escolar, integrado este curso por María Varela e Susana Álvarez, profesoras de Francés e Historia, estivo organizando o novo espazo de lectura. Contamos co respaldo de Silvia Lijó, a nosa compañeira sempre, para darnos unha man e inspirarnos nesta nova andaina que con certeza correrá ben. Faremos o posible!
Deixamos por aquí unha ligazón ao protocolo Covid19 específico para este espazo común que é a nosa biblio por se alguén o quixera consultar.
As nosas portas estarán abertas a partir do luns, 28 de setembro nun sistema de quendas co que vos teredes que familiarizar! Unha cousa nova máis para este ano!
Tres, dous, un... en marcha!
Equipo de Biblioteca
