Estes son algúns dos deseños elaborados polo alumnado.
Quedaron preciosos e, cada un deles, amosa un cachiño da forma de ser da persoa que o creou.😍

A Biblio está chea de creatividade estes días.
Estas son algunhas fotos dos alumnos e alumnas que se achegaron a disfrutar e compartir o seu tempo de lecer.😀
Neste mes de outubro, o alumnado de 1ºESO está recibindo a formación para manexarse con soltura na Biblio😃👌📚
Aprenderán a localizar os libros por xénero e temática, a realizar búsquedas no catálogo e a interpretar as etiquetas dos libros para atopar os títulos que necesiten, entre outras cousas.
A formación continuará...
Acaba o
ano e chega o verán. Toca recoller mais non esquecer a lectura. A Biblioteca
Escolar inicia a súa última pequena campaña para animar ao alumnado a integrar
a lectura nos seus plans de vacacións. A fin de contas ler na praia é todo un
luxo!
Animádevos! A biblioteca vén de recibir as últimas adquisicións deste curso. Botádelle unha ollada ao folleto de novidades!