26.1.22

Clubs de encontro na Biblio!

 Desde a Biblioteca estanse organizando clubs de encontro nos que o alumnado será o protagonista e o encargado de levar o club. 

Se estades interesados/as, é o momento de que propoñades un club ou de que vos sumedes a unha ou varias das propostas doutros/as compañeiros/as. 

Na entrada da Biblio tedes estes carteis, elaborados por voluntarias da Biblio (Judith, Naira e Siomara) para anotarvos.

Non perdas a oportunidade de compartir as túas afeccións!

                   






23.1.22

Formación de usuarios/as de 1ºESO

 Continuamos, neste novo trimestre, coa formación de novos/as usuarios/as da Biblioteca.

Desta vez, o alumnado de 1ºESO aprendeu a buscar no novo catálogo de Koha e a localizar ,segundo a súa sinatura, libros e outros fondos nas estanterías.

Esperamos que poñan en práctica todo o aprendido!😁





17.1.22

Voluntariado na Biblio 21-22

 Este ano, na nosa Biblioteca, contamos con 8 marabillosos/as voluntarios/as!



Empezan con ganas de aprender e botar unha man. Esperamos que sexa unha boa experiencia para eles/as e que disfruten moito.

Se precisades axuda na Biblio non dubidedes en preguntarlles!

Eles/as son:


Ainhoa e Iria


Martina, Saray e Nico


Judith, Naira e Siomara




10.12.21

No noso IES celebramos o Día Internacional dos Dereitos dos Animais

 Esta semana conmemoramos o Día Internacional do Dereitos dos Animais falando sobre cales son estes dereitos e, tamén, das responsabilidades das persoas en relación aos animais domésticos. Neste sentido, fixemos unha lectura do libro "Animales como tú" sobre algunhas das historias de animais de granxa recollidos pola Fundación Santuario Gaia.

Foi bonito comprobar que a gran maioría do alumnado ten animais na casa e que están concienzados no coidado e benestar destes. Como dicía Mahatma Gandhi; "Un país, unha civilización pódese xulgar pola forma en que trata aos seus animais". 

Aquí vos deixamos algunhas das fotos realizadas durante a actividade.










30.11.21

Despedimos o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

O alumnado de 1ºESO preparou, durante este mes, unhas maquetas xeolóxicas que amosan as capas da xeosfera, a dinámica terrestre, a formación das Illas Canarias e as partes dun volcán. 

Algúns grupos animáronse a crear un volcán e a simular como sería unha erupción!!

Durante algúns dos recreos desta semana o alumnado, por grupos, explicará as súas maquetas.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.