10.2.22

11F: Día da muller e da nena na Ciencia

 O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional Da Muller e a Nena na Ciencia.



No noso IES celebramos este Día facendo a proxeccción dun vídeo no que varias mulleres científicas (enxeñeira aeronaútica, médica, bióloga, investigadora farmaceútica e química) responden ás preguntas plantexadas polo noso alumnado.

Esperamos inspirar ao alumnado con estas magníficas mulleres!

8.2.22

Concurso Ilustración polo 8M

 Animámosvos a participar nun novo concurso de ilustración, nesta ocasión, co motivo da conmemoración polo 8M.

Anótate na Biblio ata o venres 11 e, así, poderemos titorizar o teu traballo. O venres 18 recóllense as ilustracións para envialos a concurso.

Pasa pola Biblio se queres participar!





2.2.22

Semana de celebración polo Día da Candeloria

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.

Desde a Biblioteca propoñemos unha actividade para celebrar unha semana de afectos co motivo da Candeloria e do San Valentín.






Que?

Invítase ao alumnado a realizar algunha destas actividades:

  • Escritura de cartas de afecto. Insistiremos en que o tono das cartas sexa o adecuado para evitar así cartas de burla. Por tal motivo, poderán ser revisadas.

  • Realización de figuras de plastilina

  • Realización de debuxos ou ilustracións.

  • Elaboración doutras manualidades ao gusto: colares, origami,...


*Todo o material estará dispoñible na Biblioteca.

Cando?

Estas actividades realizaranse entre o 2 e o 9 de febreiro.

Todo o material elaborado depositaranse nuns buzóns localizados na entrada da biblioteca. Importante: escribir o nome no sobre da persoa á que vai destinado o agasallo.

                                      

O día 14 de febreiro repartiranse os agasallos ás personas destinatarias.

30.1.22

Día da Ilustración 2022

 Hoxe 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración.

O alumnado de 2ºESO fixo unhas ilustracións para o logo do proxecto sobre hábitos de vida saudables, benestar emocional e consumo responsable.

Ao longo desta semana levarase a cabo unha votación a través da aula virtual na que se decidirá a ilustración que representará o proxecto.

Éxito aos participantes!



                    










                             







26.1.22

Clubs de encontro na Biblio!

 Desde a Biblioteca estanse organizando clubs de encontro nos que o alumnado será o protagonista e o encargado de levar o club. 

Se estades interesados/as, é o momento de que propoñades un club ou de que vos sumedes a unha ou varias das propostas doutros/as compañeiros/as. 

Na entrada da Biblio tedes estes carteis, elaborados por voluntarias da Biblio (Judith, Naira e Siomara) para anotarvos.

Non perdas a oportunidade de compartir as túas afeccións!