3.10.22

Concursos do 1º trimestre

Durante este trimestre convócanse dous concursos.

O primeiro, proposto polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega, tratará sobre o mundo do sobrenatural para conmemorar as datas do día dos defuntos na tradición galega.


O segundo, proposto pola Secretaría Xeral de Igualdade, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Toda información atoparédela na Biblioteca e no taboleiro de "concursos", situado na entrada do instituto.

26.9.22

Hora de Ler 1ª avaliación

 Durante esta 1ª avaliación contamos con dez sesións da hora de Ler. Comezamos os xoves 29 debido a que, neste trimestre, os festivos cadran en luns, martes e mércores, principalmente.




23.9.22

Menús literarios para os Clubs de Lectura

 Durante este curso introducimos menús literarios para presentar as propostas dos libros que se van ler nos diferentes grupos dos Clubs de Lectura.

Desexamos que estas propostas sexan do gusto do alumnado e que se animen a participar.







20.9.22

Benvidos á Biblio neste curso 22-23!

  Empezamos este ano escolar coa proposta dos Clubs de Encontro que deu comezo o vindeiro curso. 

Se estades interesados/as, é o momento de que propoñades un club ou de que vos sumedes a unha ou varias das propostas doutros/as compañeiros/as. 

Na entrada da Biblio tedes estes carteis para anotarvos.

Non perdas a oportunidade de compartir as túas afeccións!

                   

18.5.22

Día das Letras Galegas con Antía Yáñez

 Hoxe o alumnado de 1ºESO  recibiu no instituto a Antía Yáñez, autora do libro O misterio de Portomarín, o cal leron na materia de Lingua Galega. A autora explicoulles os motivos de escribir un misterio ambientado nesa vila e fíxolles un recorrido fotográfico do lugar. O alumnado resolveu a súas dúbidas e fóronse animando a preguntar a medida que o encontro avanzaba.




Tamén o alumnado dos Clubs de Lectura desfrutaron da presenza da escritora, e o encontro foi moito máis íntimo, rodeado de preguntas máis persoais e no que espertaron novas paixóns.