18.10.22

Encontro con Ledicia Costas

 A escritora Ledicia Costas, autora de títulos moi coñecidos entre o público infantil e xuvenil como "Escarlatina, a cociñeira defunta" ou "O corazón de Xúpiter", manterá un encontro co alumnado de 2º ESO e 4º ESO o vindeiro martes, día 19 de outubro. As xuntanzas realizaranse a terceira hora (2º ESO) e a cuarta hora (4º ESO) na biblioteca escolar.

Ledicia Costas falaranos sobre as súas obras e tamén asinará os exemplares do alumnado que así o desexe.
A escritora viguesa comezou o seu labor literario sendo unha adolescente, cando publicou o seu primeiro libro, "Unha estrela no vento", e dende entón acadou numerosos premios e foi traducida a varios idiomas.



O encontro coa escritora foi anecdótico, cheo de historias para recordar. Os rapaces e rapazas disfrutaron moito e sentíronse moi cómodos grazas ao comezo da conversa coa escritora. Ledicia amosouse a eles/as con tanta naturalidade que fixo que se sentiran confiados de participar e de facerlle todo tipo de preguntas.

Estas son unhas das imaxes do encontro.




Alumnado de 2ºESO



Alumnado de 4ºESO



12.10.22

Formación de novos/as usuari@s 22-23!

Neste mes de outubro o alumnado de 1ºESO acaba de recibir a formación básica sobre as actividades que poden realizar na Biblio, así como o método que se emprega para colocar e localizar os libros nas estanterías seguindo a CDU. 

Esta é a primeira de tres sesións formativas que se realizarán ao longo deste curso escolar.






3.10.22

Concursos do 1º trimestre

Durante este trimestre convócanse dous concursos.

O primeiro, proposto polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega, tratará sobre o mundo do sobrenatural para conmemorar as datas do día dos defuntos na tradición galega.


O segundo, proposto pola Secretaría Xeral de Igualdade, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Toda información atoparédela na Biblioteca e no taboleiro de "concursos", situado na entrada do instituto.

26.9.22

Hora de Ler 1ª avaliación

 Durante esta 1ª avaliación contamos con dez sesións da hora de Ler. Comezamos os xoves 29 debido a que, neste trimestre, os festivos cadran en luns, martes e mércores, principalmente.




23.9.22

Menús literarios para os Clubs de Lectura

 Durante este curso introducimos menús literarios para presentar as propostas dos libros que se van ler nos diferentes grupos dos Clubs de Lectura.

Desexamos que estas propostas sexan do gusto do alumnado e que se animen a participar.