O alumnado de 1º da ESO asistiu o luns 5 de xuño a un encontro grupal online co autor Nando López para falar do seu libro "Por qué tiene que ser todo tan difícil", publicado en 2017. Esta obra de teatro, recollida na lista de lecturas obrigatorias do Departamento de Lingua Castelá, foi o punto de partida para tratar diferentes temas de interese para os adolescentes, como por exemplo a importancia das amizades, a necesidade de sentirse integrado nun grupo e a dificultade de encarar os conflitos internos nunha etapa de constantes cambios.
7.6.23
Encontro online con Nando López
5.6.23
VII Torneo Intercentros De Xadrez no IES Rafael Dieste
O pasado venres 2 de xuño, tivo lugar a final do VII Torneo Intercentros de Xadrez no IES Rafael Dieste en A Coruña. O alumnado finalista dos centros IES Salvador de Madariaga, IES Urbano Lugrís, IES Fernando Wirtz, IES Rafael Dieste e Fabio Pasantes de 4ºESO representando ao noso IES, enfrentáronse nunha dura final polo premio.
Durante a xornada contamos co Mestre Internacional de Xadrez, Jacobo Caselas, quen disputou partidas simultáneas con todo o alumnado participante.
Do noso IES levamos a 20 alumno/as que participaron previamente no Torneo de Xadrez no centro, moitos deles forman parte do club de Xadrez do instituto.
24.4.23
Conmemoración Semana do Libro
Coa conmemoración da Semana do Libro no noso instituto realizarase un torneo de Trivial por equipos desde o mércores 26 de abril ata o mércores 10 de maio, día da gran final!
Iremos amosando as fotos dos encontros e as novas do torneo!
14.4.23
Encontro con Manuel Núñez Singala
O vindeiro martes, 18 de abril, manteremos un interesante encontro co escritor Manuel Núñez Singala.
A 3ª hora participará o alumnado dos Clubs de Lectura que leu a obra narrativa "Noite de temporal". A 4ª hora será a quenda para o alumnado de 3º PDC, os cales estiveron lendo e traballando coa obra teatral "O achado do castro".
Amosámosvos algunha foto do encontro.
Noraboa ao autor pola obtención do premio dos Clubs de Lectura 2023.
30.3.23
Concurso Trivialízate
Apúntate ao concurso cultural por equipos co que a Biblio conmemorará o Día do Libro.
Celebrarase nos recreos da semana do 24 ao 28 de abril.
O premio para o equipo gañador será unha fantástica excursión no mes de xuño.
Apúntate no taboleiro da entrada da Biblio e pídenos máis información se a precisas.











