11.11.22

Mes da Ciencia en Galego

 A Biblioteca conmemora o mes da ciencia en galego cunha ampla oferta de talleres que se celebrarán nos recreos durante esta semana e a vindeira. 

A semana do 14 e a do 21 de novembro, os departamentos de Matemáticas, Bioloxía e Física e Química organizarán obradoiros nos cales se poderán realizar calendarios de papiroflexia, xabóns exfoliantes ou descubriremos o azucre oculto que tomamos sen decatarnos. 

Podes consultar aquí o calendario coas actividades previstas para cada día e cada grupo.

Anímate a participar e a gozar coa ciencia máis próxima e divertida!



No hay comentarios: