20.1.08

Como atopalo??
Outro ano máis andan os de 1º e os de 2º metidos en líos na biblioteca a ver se atopan o que buscan e poden dicirlle aos profes e profas aquilo de: "xa o teño ben feitiño, merezo un 10!".
Os de 1º, coma sempre, andan enterándose de como funciona a biblio e de como está organizada. Os de 2º van un pouquiño máis aló e queren saber como atopar o que necesitan para facer os traballos escolares. Algúns están descubrindo que sen San Google tamén se pode vivir! e ás veces mellor! Se queredes ver vomo traballan picade aquí.

9.1.08

As aguias voan alto

Parece que as "Aguias" deste instituto empezan a estender as ás e queren despegar da pedra. Se non me credes ide o venres no recreo pola aula de música e participade no 'casting' para a formación do grupo musical do centro: "Aguias". Se tes gañas de cantar ou de tocar algún instrumento anímate e participa!
Máis información en canto esté dispoñible.
BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.
s

30.12.07


Meigas na Biblioteca
Parece que para rematar o ano andan as 'Meigas' pola nosa biblio. Esta é unha 'meiga boa' que che vai permitir ver por internet o catálogo da biblioteca para que escollas o que máis che guste: ano novo programa novo!!
Aparecerán os últimos 50 volumes catalogados, pero tamén poderás buscar, usando a caixiña en branco da esquerda, un título ou un autor ou autora. Se escolles 'materia' podes escoller o tipo de libros: medo, amor, aventuras...
Incluso podes reservar o que che interesa por internet, para que non cho leve ninguén, usando o teu DNI (se temos o número na biblio) e o teu número de lector/a.
Anímate e navega un pouco polo catálogo, verás que é moi fácil saltar dunha cousa a outra. Non tes máis que picar na dereita, onde pon O catálogo da Biblioteca.

22.12.07

BO NADAL
A Biblioteca do IES Pedra da Aguia quere desexarvos un Bo Nadal e un Feliz Ano Novo.
E por suposto unhas Felices Lecturas: u
n libro, un amigo.

Ah! E para axudarvos coas panxoliñas podedes practicar aquí: picando unha vez en cada un cantan e con outra paran!

Decembro 07

18.12.07

Eses 'Chalados' cos seus tolos 'Libracos'

Para aqueles aos que lles gusta ter un libro nas mans é un gustazo saber que hai máis 'chalados' coas mesmas afeccións. Hai polo mundo adiante unhas pequenas vilas, chamadas "book towns" (as vilas do libro) onde moitos dos seus edificios están adicados ao libro: bibliotecas, librerías, salas de exposicións... e agora xa temos unha en España, a primeira: Urueña, na provincia de Valladolid.
Que? Animámonos a facer da Ponte unha Book Town??
Javier, o de Mates, mándanos máis fotos de vilas-libro:
BubbleShare: Share photos - Delicious Christmas Recipes.