Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

14.2.12

PALABRA NAMORADA 2012
 Este ano, as palabras namoradas do noso Insti tomaron camiños novos: fíxeronse carta e fixéronse canción. Ademais os nosos carteiros do amor tamén tiveron traballo, aínda que seguro que en vindeiros anos han ter máis.
O que si está craro é que os talentos 'ocultos' (non tanto) do alumnado non deixan de sorprendernos. Non só os hai que escriben moi ben, e con moito sentimento, é que ademais cantan moi ben, (e algunha especialmente ben, verdade Laura?) como quedou demostrado hoxe. Sentímolo por Érica, que non poido cantar a súa canción (fallos da técnica, a pesar dos nosos esforzos, sorry so much!), e todos sabemos desde o festival anterior o ben que o fai.
Queredes que a próxima vez as cancións sexan adicadas?

9.10.11

A RITMO:
sip, sap... boing
Para min foi unha mágoa que só cheguei a tempo de compartir o taller de ritmo cos de 4ºB, pero paseino de medo... Xoán e Álvaro enrróllanse moi ben e teñen, realmente, moito ritmo. Conseguiron en 50 minutos escasos que acabaramos practicamente facendo música cos nosos corpos, cunha axudiña da guitarra de Xoán.
A sorpresa máis grande foi pola tarde, na Casa de Pedra, onde, a pesar de que o local non ten a acústica adecuada, descubrimos un feixe de músicos estupendos, excelentes instrumentistas (Camariñas, terra de músicos), que fan unha música propia, lonxe dos éxitos 'prefabricados' de moitas discográficas internacionais e que mestura con acerto tendencias moi variadas. Quen dixo que a xente nova só sabía facer botellón e xogar coa Wii?
Aquí vos deixo unha mostra do taller e a páxina de Xoán na que podedes ver e escoitar algunha das cousas que disfrutamos no concerto.



17.3.11

Desde o IES da FONSAGRADA
Parece que aos nosos amigos da Fonsagrada gústalles 'complicarse' a vida. Mirade o vídeo e veredes cal é o destino final, que, evidentemente, non podía ser outro.
Non quero nin pensar nos traballiños que pasarían para facer algo tran espectacular, pero seguro que tamén o pasaron bomba polo camiño. Que cantidade de xente colaborando nunha mesma idea!
A nosa noraboa desde aquí, tamén cun anaquiño de envexa da boa!

1.11.10

MIGUEL HERNÁNDEZ MUSICAL
Non podemos deixar pasar a celebración do centenario sen, polo menos, escoitar algún dos seus poemas, xa que o pouco tempo non deixou celebralo mellor.
Hai xa tempo que Joan Manuel Serrat musicou por primeira vez os poemas de Miguel, e agora, hai pouco, volveu a sacar disco con máis poemas. Aquí deixo unha mostra do primeiro disco co poema "Romancillo de Mayo" para namorados, e unha canción a dúo con Sabina "Para la libertad".


4.5.10

NON ME PODO RESISTIR
Chéganos, a través do blog amigo Trafegando Ronseis , a noticia de que hai pouco que atoparon, rebuscando entre os cascallos dos estudos de gravación Abbey Road, unha sesión dos ensaios de "Get Back", unha das últimas cancións dos Beatles. A gravación é do ano 69, cando vós non estabades nin en proxecto e ao grupo quedábanlle días contados. Aparecen, ademais de Yoko, Billy Preston ás teclas e Mick Jagger mirando a sesión (aprendendo?). Pouco despois farían o mítico concerto no tellado dos estudos, antes de desfacer o grupo. Se tedes curiosidade por velos tocando este tema nos tellados picade aquí
.

9.11.09

A CAÍDA DO MURO
Hai hoxe vinte anos caía o Muro de Berlín, símbolo da guerra fría entre a URSS e EEUU que dividía Berlín en dúas zonas: oriental e occidental. Este muro de 45 quilómetros impediu durante 28 anos a libre circulación dos cidadáns alemáns polo seu país, e provocou a separación de moitas familias e a morte de moitos dos que intentaron saltalo. Empezou a ser derrubado a noite do 9 de novembro de 1989 ante os ollos atónitos dos espectadores de TV e dos cidadáns alemáns que o contemplaban "in situ".
Aquel día semellaba que o mundo era máis libre. Pero o tempo pasa e a historia repítese, e volven a construírse muros, a maioría invisibles, e, polo tanto, cada vez máis difíciles de derrubar. Con todo aquel 9 de novembro era o final dunha época.
Pode ser unha boa ocasión para lembrar aquel muro ao que cantaba o grupo Pink Floyd, que x alá xa polo 1979 falaba doutras formas de aillar á xente.
Vía "biblioblogs escolares", a través de Antonio Alonso.

17.5.09

LINGUA DE AMOR
Envíanos Fran, antigo alumno do centro, unha nota sobre unha canción que presentou a este concurso. Parécenos estupendo que os nosos 'ex' teñan estas iniciativas, e sempre estamos a favor da música! Reproducimos aquí a nota de Fran: facédelle caso!
Hola!!!
mándovos este mail para pedirvos un gran favor. Resulta que presentei unha canción ó concurso "lingua de amor", xunto con outra compañeira do insti. Para seleccionar os gañadores faráse unha primeira votación popular, e logo as máis votadas serán valoradas por un xurado de "entendidos"
Para votar pola canción só tedes que rexistrárvos na páxina picando aquí.

Unha ves rexistrados, aparecerávos un menú, que ten na marxe esquerda unha apartado que di "votacións". Selecionades o apartado de Audio/video, e xa podedes votar. A canción chámase "Co corazón no Solpor"

Espero que vos guste, e de ser así, que votedes por ela.
Grazas
frank.

17.2.09

Música Namorada
Tedes aquí abaixo as catro cancións que aparecen no poemario de Palabra Namorada, para que vexades que a poesía con música entra. Tamén soa unha fermosa canción se picades no poemario para velo en grande.

Cal delas vos parece a mellor canción de amor? Podedes votar publicando un comentario!

Discover Wet Wet Wet!

12.2.09

Será unha 'dancing-biblio'??

Está claro que na biblio temos 'movemento', e non só na biblio: por todo o instituto!

José accedeu (grazas, rapaz) a que colgasemos no blog o seu vídeo de electro-dance, unha afección que practica dende hai un ano. Imaxinade como bailará dentro dun par de anos!

Desde a biblio axudámoslle coa grabación, pero toda a edición do vídeo, efectos e demais é cousa súa; parece que ten outras habilidades ademais do baile.

Electro-dance na biblio from Libraco on Vimeo.

31.1.09

Cantando pola Paz
Que gustazo! Ver a tanta xente no hall do instituto cantando xuntos pola Paz. Haille que dar as grazas ás que traballaron este tema e contribuíron á celebración. Estou certo que o ceo azul que temos esta mañá é debido aos cánticos de onte. PAZ


Día escolar da Paz from Libraco on Vimeo.

14.2.08

San Valentín Sonoro
Para favorecer a inspiración no certame de Cartas e mensaxes sms de Amor, convocado pola biblioteca, temos aquí unha ducia de preciosas cancións de amor:
Os 40Principais teñen a ben ofrecernos estas cancións na súa páxina adicada a San Valentín.
Podedes votar a que máis vos guste, nos comentarios desta entrada, e no recreo do martes, no remate do prazo de entrega das cartas, podemos poñela de fondo musical na biblio. Apetece??

21.1.08

VANIER, BANDA DE METAL
Parece que a música no insti vai collendo 'marchita'. Logo do exitazo da Operación Can do curso pasado e do 'casting' das Aguias, agora un dos compoñentes de Vanier, unha banda local de Ghotic-black Metal, mándanos esta nota:

"que esta nosa terra, eche unha terra poblada de músicos non é novidade. O que si que é novidade é que haxa músicos noutro eido diferente ao tradicional, pero si ainos, como di aquel vello dito galego: habelas ainas.... Entre os alumnos que este ano fan 4ºdiso que lle chaman E.S.O. atópanse os integrantes da banda de metal camariñana Vanier: En 4ºA encontramos os señores encargados das cordas: Maikel Antelo as guitarras e José Martinez o baixo. En 4ºB o Fifo á batera e en 4ºC Frank Barcia os teclados. Máis información en :www.myspace.com/vanierband"

9.1.08

As aguias voan alto

Parece que as "Aguias" deste instituto empezan a estender as ás e queren despegar da pedra. Se non me credes ide o venres no recreo pola aula de música e participade no 'casting' para a formación do grupo musical do centro: "Aguias". Se tes gañas de cantar ou de tocar algún instrumento anímate e participa!
Máis información en canto esté dispoñible.
BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.
s

16.10.07

Con MúsicA

Así comezamos as actividades deste curso, con música!
Se queres saber algo máis do tema, ou ver algunha imaxe, tes que ir ao apartado de Outras Actividades deste blog.