14.2.12
5.11.11
18.10.11
Xa podedes ir afiando os coitelos... para preparar as cabazas. E podedes ir afiando os lapis para escribir eses terroríficos relatos de terror aos que nos tedes acostumados, e para debuxar esas espantosas (porque dan espanto, ollo) ilustracións.
19.6.11
Logo os diferentes autores premiados leron as súas creacións: os poemas gañadores, de María Canosa e Raquel Lema, ou algún anaco do texto narrativo premiado, de Rui Santalla e Carlota Campaña. Aquí vos deixamos un vídeo con imaxes do acto.
17.11.10
ENTREGA PREMIOSRELATOS DE MEDO
No blog do Recanto literario tedes os textos completos das gañadoras (si, todo mulleres, a ver se espabilamos, ehhh!). Aquí deixo un vídeo do que aconteceu, aínda que o deixo con gran tristura (e un pouco de medo, por se me queren dar un pao) porque fallou nos relatos de Isabel e de María. O de Clara escóitase pero vese mal. Os de 2º ciclo vense bastante ben. Será que os maiores teñen enchufe!
Que medo me dás!! 2010 from Libraco on Vimeo.
7.11.10
QUE MEDO ME DAS 2010Para lelos podedes ampliar a imaxe, e pulsar co rato para pasar páxina. Anota o títulos dos que che gustan. Na última páxina tedes o enlace coa enquisa.
Si xa os tedes lidos e queredes pasar directamente á votación podedes picar aquí.
17.1.10
13.12.09
NOVOS CAPÍTULOS12.11.09
Entrega Premios Samaín 09 on PhotoPeach
10.11.09
UNHA HISTORIA A MOITAS MANS13.10.09
II Certame de Micro-relatos e IlustraciónQue medo me das...!
Xa está convocado o segundo certame de micro-relatos de medo, o primeiro deste curso.
Hai tamén un certame de ilustración dos relatos, feito(s) polo propio autor/a ou por outro concursante. Tedes as bases nas aulas, nos corredores e, por suposto, na propia biblio. O prazo de entrega remata o próximo luns 26 e podedes mandalos ao correo da biblioteca (que tedes aquí mesmo, na columna da dereita) ou entregalo na biblio en papel ou en lapis de memoria, tarxeta... Recordade de firmar con pseudónimo e entregar o nome real en sobre pechado.
Non teñades medo e animádevos!!
16.5.09
CERTAME LITERARIO INTERCENTROS 6.3.09
A poesía está na nosa vidaAsí o afirma un 'ghaçafello' que anda solto pola biblioteca, autor dun dos poemas premiados no certame "Palabra Namorada" e que ademais montounos un Taller de Poesía para o alumnado de 1º que quixo asistir.
O resultado é que xa temos os premios do certame literario deste curso. Os premios de Castelán quedaron desertos, pero a cambio temos dous en francés e un en inglés, ademais, claro está, do premio en galego. Os poemas gañadores podes lelos no apartado de Recanto Literario e tedes máis información sobre o tema en Pedras do Vilán.
Saúde e poesía!!
17.2.09
Tedes aquí abaixo as catro cancións que aparecen no poemario de Palabra Namorada, para que vexades que a poesía con música entra. Tamén soa unha fermosa canción se picades no poemario para velo en grande.
Cal delas vos parece a mellor canción de amor? Podedes votar publicando un comentario!
Discover Wet Wet Wet!
15.2.09
PALABRA NAMORADAChegou San Valentín e con el as flores aos corredores do Instituto. Chegou tamén o certame Literario "Palabra Namorada". Tedes á vosa disposición un poemario (incompleto, claro!) para os que queirades participar. As bases podedes lelas premendo aquí e o poemario podedes velo na columna da dereita deste blog. Picade encima e verédelo en grande.
Recordade que podedes participar con poemas en calquera das linguas que se estudan no insti e que podedes entregar un en cada lingua!
E ollo, que parece tamén hai profes dispostos a rimar, pero tranquis que os vosos premios están asegurados!
5.12.08
Daltonismo VITAL23.10.08
Acaba de coñecerse o Premio Nacional de Literaura Infatil e Xuvenil deste ano, que lle foi otorgado ao noso benquerido Agustín Fernández Paz, recoñecendo así o traballo tan estupendo que Agustín ven facendo dende hai xa moitos anos. Os seus libros sempre tiveron unha moi boa acollida entre os lectores xuvenís. Na biblioteca do Instituto podedes atopar varias obras súas, incluíndo esta última, gañadora do premio. Non vos extrañe se algún deses libros non está tan noviño coma outros, porque seguramente xa foi lido por varias persoas, que é o mellor premio que un libro pode ter.
Aquí podedes ver e escoitar ao propio Agustín nunha entrevista feita hai pouco tempo. Tamén podes ler a entrevista e o artigo publicados en 'La Voz de Galicia' o día 26
FELICIDADES, AGUSTÍN!! E a vós: felices lecturas!
26.2.08
1º CICLO:
Lorena Dios Olveira 2º C
Virginia Bermúdez Alborés 2º B
2º CICLO:
Francisco Barcia Trashorras 4º C
Soraya Lema Suárez 4º C
(Premio especial á calidade participando nas dúas linguas).
B) EN LINGUA CASTELÁ:
1º CICLO:
Andrea Ferreiro Cerdeiras 1º C
2º CICLO:
Alicia Ogando Martínez 4º B
14.2.08
San Valentín SonoroPara favorecer a inspiración no certame de Cartas e mensaxes sms de Amor, convocado pola biblioteca, temos aquí unha ducia de preciosas cancións de amor:
Os 40Principais teñen a ben ofrecernos estas cancións na súa páxina adicada a San Valentín.
Podedes votar a que máis vos guste, nos comentarios desta entrada, e no recreo do martes, no remate do prazo de entrega das cartas, podemos poñela de fondo musical na biblio. Apetece??
12.11.07
Nada, que non dades nin unha!
Ninguén acertou cales foran os tres profes que fixeran os relatos, así que o premio quedou deserto. Lástima, porque era unha Playstation 3 con dous mandos inalámbricos e un lote con 6 ou 7 xogos carísimos, ademáis dun móvil de última xeración con GPS incorporado, e máis...
En fin, se vos serve de consuelo podedes volver a ver os contos no "Recanto Literario" e teredes remarcados os nomes dos autores/as ao final e cada conto.
A próxima vez será!
BubbleShare: Share photos - Delicious Christmas Recipes.



