Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas

27.3.12

SECRETO DESCUBERTO??
Hoxe tivemos un encontro, un moi agradable encontro, cos creadores do Mundo Secreto de Basilius Hoffman, Fernando Cimadevilla (escritor) e Iván Valladares (ilustrador), que nos desvelaron parte dos segredos do libro e nos puxeron os dentes longos esperando a segunda parte.
Ademais Iván deleitounos mostrándonos o traballo, enorme, previo ás ilustracións definitivas. Como botón de mostra vimos os estudos de anatomía dos "felinos", para conseguir a súa forma definitiva e saber entón como se "moven" ata os estudos sobre o "Argestes" e o seu funcionamento. Impresionante.
Queremos agradecerlles a santa paciencia, xa que tivemos que pospoñer a visita nunha ocasión, e o ofrecemento de enviarnos un debuxo orixinal adicado.  Por outra banda lamentamos que xusto hoxe (xa era moito cambiar datas) houbera membros do club que non puideron asistir á reunión. Pero en fin, como quedamos convocados para o segundo volume... xa haberá tempo.
Aquí vos deixo unhas fotos de mostra:
Encontro secreto on PhotoPeach

9.2.12

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
UN GRANDE
E resulta que, como todos os grandes de verdade, é unha persoa encantadora, cercana, acolledora... que consegue que unha vídeo-conferencia se pareza máis ben a un encontro entre amigos no salón da casa. Fala e di as cousas, como nos seus libros, cunha claridade que fai que todo pareza fácil.
Acabamos de ler, no Club Arao de adultos, o seu libro "Non hai noite tan longa" (enlace): fácil de ler, clariño, que te leva suavemente pero con firmeza... e logo nos conta o traballo que lle levou: os apuntes, as notas biográficas, a documentación, os debuxos dos lugares, o primeiro proxecto, os sucesivos borradores... e o traballo de 'limpeza', de 'debullar' as palabras, as frases, de 'sacrificar' parágrafos, capítulos...Tes que lelo unha segunda vez (unha terceira, dentro dun tempo) para ver ese traballo, porque na primeira simplemente te deslizas polo texto con total suavidade. E aínda ten tempo de comentar a entrada no blog do noso club!
Grazas, Agustín, por este libro, por tantos outros e polos que veñan. Grazas por ser.


18.5.11

LOIS PEREIRO

Os compañeiros da biblioteca Escolar SATURNINO HERMIDA do IES CONCEPCIÓN ARENAL de Ferrol realiozaron este traballo fantástico sobre Lois Pereiro, o autor homenaxeado esten ano no Días das Letras Galegas. Reproducímolo aquí enteiro, con agradecemento.

dixo Manolo Rivas, na obra de Lois Pereiro, máis que na de ningún outro poeta galego,o amor e a morte, Eros e Thánatos, van da man.
Poesía dunha intensidade poco común, é facil lembrar moitos dos versos de Lois, quedan impresos na memoria porque son versos de francotirador,van directos ao corazón e penetran nel, pola verdade do sentimento que transmiten, pola forza e expresividade das súas imaxes.
Un poeta fondo, emocionante, para lelo devagar e revisitalo a miúdo.
E para coñecelo mellor, podedes ver o traballo feito por Elvira Roiz, aconsellada por Inés.






16.3.11

JOSEFINA ALDECOA
Recibimos a noticia triste de que finou Josefina Aldecoa. Foi a autora, entre outras cousas, do precioso libro "Historia de una maestra" que limos o curso pasado no noso club de adultos.
Pero non era simplemente unha escritora; Josefina adicou a súa vida ao ensino, creando e dirixindo un centro (Estilo) en plena era franquista e que se basa nos principios da Institución Libre de Enseñanza.
Foi quen, ademais, de demostrar as capacidades e o bon facer das mulleres nunha España na que iso era case impensable. Superou a morte -e a sombra como escritor- do seu marido, Ignacio Aldecoa, e creou unha obra propia, de gran sensibilidade e calidade literaria.
Ela deixounos, a súa obra queda.

13.11.10

STEVENSON
Seguro que te tes fixado na imaxe que hai estes días ao lado da caixa de búsquedas de google. Pois é unha homenaxe a Robert Louis Stevenson, que por estes días cumpliría 160 anos.
Naceu en Escocia, viviu en Estados Unidos e acabou nas Illas dos Mares do Sur, que tanto lle gustaban, en Samoa. É un dos grandes escritores ingleses e seguro, seguro, que aínda que non lésedes nada del oíchedes falar da Illa do Tesouro e do pirata John o Largo. Na biblioteca do insti podedes atopar obras súas polo menos en tres idiomas, entre elas a mencionada Illa do Tesouro, de aventuras, e a novela de medo Dr. Jekyll e Mr. Hyde, por nomear dúas das novelas máis famosas, levadas ao cine nunha chea de ocasións.

1.11.10

MIGUEL HERNÁNDEZ MUSICAL
Non podemos deixar pasar a celebración do centenario sen, polo menos, escoitar algún dos seus poemas, xa que o pouco tempo non deixou celebralo mellor.
Hai xa tempo que Joan Manuel Serrat musicou por primeira vez os poemas de Miguel, e agora, hai pouco, volveu a sacar disco con máis poemas. Aquí deixo unha mostra do primeiro disco co poema "Romancillo de Mayo" para namorados, e unha canción a dúo con Sabina "Para la libertad".


26.5.10

AMIGO XABIER
Tivemos hoxe a visita no Club de Lectura do escritor, e amigo, Xabier Docampo. Veu falar do libro "A casa da luz" e acabamos falando da vida, do mundo, de nós, do amor, da literatura...
Gran conversador, acabou regalándonos tres historias, tres misterios, á luz das velas, contadas como el sabe facelo, co seu gran saber dicir.
Podedes saber máis no blog do Club de Lectura Arao.

11.5.10

UXÍO E O COUREL (2)
Diciamos onte que o poeta estaba moi apegado á súa terra, O Courel, no sureste da provincia de Lugo. É unha terra fermosa, de gran valor natural.
Desde a biblioteca do IES de Arzúa nos chega esta montaxe, realizada polo alumnado de Agraria (grazas, rapaces), que nos mostra a esplendorosa paisaxe e a flora do Courel. Unha axuda máis para entender mellor a poesía de Uxío Novoneyra.

10.5.10

UXÍO NOVONEYRA

Este ano as Letras Gablegas están adicadas a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. Uxío estudou en Lugo, e logo marchou a Madrid, onde comenzou a escribir algúns poemas en castelán. Logo voltou ás montañas do Courel e alí crearía a maioría dos seus poemas, que teñen moito que ver coa coa natureza agreste do lugar e a vida diaria das súas xentes.
Os amigos da biblio do IES Luis Seoane, dePontevedra, fixeron esta fermosa presentación sobre o poeta, cunha escolma de poemas, acompañados de imaxes do seu querido Courel. Disfrutádea.

LETRAS GALEGAS 2010




22.3.10

AS COUSAS CLARAS
Teñen a ventaxa os escritores, cando son bós, como o da foto (Xabier P. Docampo ) de saber dicir as cousas clariñas. Andamos estes días co follón do futuro decreto sobre o galego, e resulta curioso ver como algunhas cousas aparecen publicadas en centos de lugares e outras, como esta carta clarificadora de Xabier, pasan case ás agachadas.
É unha cuestión de simple práctica democrática que todos teñamos a mellor información posible e non só a parte que lle interese a alguén. Grazas Xabier!

14.3.10

MIGUEL DELIBES, ATA SEMPRE
Quedan as letras tristes coa ausencia de Miguel Delibes. Quedan tristes, ademais, porque marchou un home de pobo, que sempre preferiu vivir no mundo rural, que tan ben reflectiu nas súas obras. Un home dos de 'patear monte', que non destrozar. Dicía de si mesmo que era un "hombre sencillo, un cazador que escribía", un amante da natureza. Delibes é inseparable da súa 'Castilla' e dos seus campos, amigo da xente que traballa e vive neles.
Perdemos a un dos grandes, dos que mellor manexaba o Castelán, a un gran creador de personaxes inesquecibles, como Daniel el mochuelo (El camino), Azarías, Paco el Bajo (Los santos inocentes), Cipriano Salcedo (El hereje)...
Podedes saber máis sobre el neste especial do diario "El País ". Tamén tedes unha despedida dos seus "fillos " literarios, (que nos envían do IES de Sampaio).Lede algo na súa memoria!

22.5.09

En lembranza de RAMÓN PIÑEIRO
Hoxe, organizado polo ENDL e a biblio, estivo con nós Serafín Marcos para recordar a figura de Ramón Piñeiro. Asistimos a unha representación que tardaremos en esquecer porque a todos nos sorprendeu. Este profesor de guitarra do consevatorio de Noia tívonos a todos en vilo, pendentes do que ía ocorrer a continuación, porque sempre era inesperado. Ao final aclarounos que as diferentes partes do espectáculo tiñan relación con diferentes momentos da vida e da obra de Ramón Piñeiro, que nos toca agora a nós identificar: a infancia, a Guerra Civil, a loita clandestina, a filosofía, a saudade, Galicia, a lingua...
Serafín marchou contento, dicindo que todo funcionara moi ben e que a xente reaccionara moi ben, pero isto non o podemos dicir en alto, que logo o alumnado anda por aí todo creído. Ssshhhh...!

19.5.09


LETRAS TRISTES

Hoxe as letras andan tristes, porque un poeta que as quería, e que nos quería a todos, a nós, deixounos para sempre.

Marchou Mario Benedetti. Quedan as súas palabras, quedamos coa súa poesía.

Podes ler algúns poemas seus, ademais deste que deixamos aquí:

Te quiero

Tus manos son mi caricia,
mis acordes cotidianos;
te quiero porque tus manos
trabajan por la justicia.

Si te quiero es porque sos
mi amor, mi cómplice, y todo.
Y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos.

Tus ojos son mi conjuro
contra la mala jornada;
te quiero por tu mirada
que mira y siembra futuro.

Tu boca que es tuya y mía,
Tu boca no se equivoca;
te quiero por que tu boca

sabe gritar rebeldía.

Si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo.
Y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos.


Y por tu rostro sincero.
Y tu paso vagabundo.
Y tu llanto por el mundo.
Porque sos pueblo te quiero.

Y porque amor no es aurora,
ni cándida moraleja,
y porque somos pareja
que sabe que no está sola.

Te quiero en mi paraíso;
es decir, que en mi país
la gente vive feliz
aunque no tenga permiso.

Si te quiero es por que sos
mi amor, mi cómplice y todo.
Y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos.

10.5.09

MES DAS LETRAS GALEGAS
Este ano a Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas a Ramón Piñeiro pola súa desinteresada dedicación en defensa de Galicia e da cultura galega. Aquí tes un vídeo educativo sobre Ramón Piñeiro realizado polos rapaces dos CPIs de San Vicente (A Baña) e Os Dices (Rois).

8.4.09

POR EL PLACER DE LA LECTURA

José Luis Sampedro, escritor e boa persoa, como di a introdución do texto que vos propoño, vén de asinar, de novo, un manifesto contra o pago polos préstamos nas bibliotecas. De momento están a intentalo nas públicas... pero todo pode chegar, e non estamos polo labor!!

O manifesto de Sampedro é clariño e explica moi ben o que é a idea de biblioteca e o labor que fan, incluso en beneficio dos propios escritores. Podes lelo premendo na imaxe de abaixo.

16.11.08

UN PRECIOSO LIBRO
O pasado xoves día 13 presentaron na Coruña un novo libro Xabier P. Docampo e Xosé Cobas. Estivemos alí e rímonos coas ocorrencias de Xabier (sempre nos divertimos con el). Xabier Docampo e Xosé Cobas, ademais de amigos nosos, son vellos coñecidos no noso instituto, xa que estiveron varias veces nel. Unha vez, hai xa algúns anos, estiveron xuntos e, mentres que Xabier nos contaba un conto (deses que conta tan ben el), Xosé Cobas foi facendo unha ilustración que aínda hoxe conservamos con agarimo. Está enmarcada e colgada na entrada da nosa biblioteca.

Este novo e marabilloso libro ten por título O libro das VIAXES IMAXINARIAS e xa está na nosa biblioteca asinado polos autores, agardando que alguén empece a disfrutalo.

23.10.08

Premio Nacional de Literatura

Acaba de coñecerse o Premio Nacional de Literaura Infatil e Xuvenil deste ano, que lle foi otorgado ao noso benquerido Agustín Fernández Paz, recoñecendo así o traballo tan estupendo que Agustín ven facendo dende hai xa moitos anos. Os seus libros sempre tiveron unha moi boa acollida entre os lectores xuvenís. Na biblioteca do Instituto podedes atopar varias obras súas, incluíndo esta última, gañadora do premio. Non vos extrañe se algún deses libros non está tan noviño coma outros, porque seguramente xa foi lido por varias persoas, que é o mellor premio que un libro pode ter.
Aquí podedes ver e escoitar ao propio Agustín nunha entrevista feita hai pouco tempo. Tamén podes ler a entrevista e o artigo publicados en 'La Voz de Galicia' o día 26
FELICIDADES, AGUSTÍN!! E a vós: felices lecturas!

23.5.07

Unha Exposición de libro
Durante o que queda de mes, e gracias á colaboración de Ana, a bibliotecaria de Camariñas, temos no Instituto unha exposición sobre o libro infantil e xuvenil en Galicia. Podemos ver a evolución do libro ao longo dos últimos cen anos, ata chegar ao momento actual, no que contamos con autores moi recoñecidos, non só en Galicia, senón por todo o mundo.
Especial atención hai que prestar, nos últimos tempos, á labor dos ilustradores, que están a elaborar auténticas marabillas. Para mostra fixádevos na ilustración colgada na entrada da biblioteca, regalo de Xosé Cobas, realizado hai un par de cursos (como quen non quere a cousa) mentras mantiña unha charla, xunto co autor Xabier Docampo, cos alumnos do centro.

16.4.07

Tonecho no Insti

Non foi exactamente Tonecho o que nos visitou hoxe no Insti, pero si o "culpable" de todas as que lle pasan a Tonecho.
Estivo con nós Breogán Riveiro, o autor que creou este personaxe e as súas aventuras. Veu falar cos de 1º, que o pasaran xa moi ben lendo o libro e agora pasárono outra vez moi ben falando co escritor.
Houbo unha chea de preguntas e a charla foi moi animada, tanto que tivemos que poñerlle freo e dar por rematado o encontro antes de que Breogán quedase coa gorxa reseca. Claro que a el encantoulle que houbera tanta participación e que a xente se animase a facer as súas preguntas. Gustoulle moito tamén a 'decoración' da biblioteca, que tiñamos grazas aos de PCA e á xente de alternativa de primeiro. Se queres ver o ambiente que había pica na foto.