16.11.08

UN PRECIOSO LIBRO
O pasado xoves día 13 presentaron na Coruña un novo libro Xabier P. Docampo e Xosé Cobas. Estivemos alí e rímonos coas ocorrencias de Xabier (sempre nos divertimos con el). Xabier Docampo e Xosé Cobas, ademais de amigos nosos, son vellos coñecidos no noso instituto, xa que estiveron varias veces nel. Unha vez, hai xa algúns anos, estiveron xuntos e, mentres que Xabier nos contaba un conto (deses que conta tan ben el), Xosé Cobas foi facendo unha ilustración que aínda hoxe conservamos con agarimo. Está enmarcada e colgada na entrada da nosa biblioteca.

Este novo e marabilloso libro ten por título O libro das VIAXES IMAXINARIAS e xa está na nosa biblioteca asinado polos autores, agardando que alguén empece a disfrutalo.

No hay comentarios: