22.12.08

10º ANIVERSARIO (e 4)
Tal e como prometemos, aquí vai a 4ª, e última, entrega sobre o cumpreanos do noso 'insti'. Aquí tedes o vídeo do desfile e o corto cortiño que fixemos entre todos no taller de animación dixital.
É un bo momento para agradecerlles a colaboración a todos os que participaron na celebración deste aniversario, desde o alumnado ata as empresas colaboradoras, que aportaron o seu traballo e os seus materiais. Grazas tamén ao profesorado participante, e a Javier (E.F.) especialmente, por coordinalo todo e a todos, que non é cousa fácil. O traballo de organización que hai detrás das actividades non se nota, o que quere dicir que, como tantas veces, está ben feito.


As fotos que sempre pedides (despois de aquilo de "non, profe, a min non") estarán á vosa disposición na biblioteca o ano que ven!

21.12.08

10º ANIVERSARIO 3
Deixamos aquí outra tanda de fotos, que corresponden ao encontro de pola tarde.
O vídeo do desfile tardará algo máis, leva máis tempo, pero todo chegará.

20.12.08

CELEBRACIÓN 10º ANIVERSARIO 2

Tal e como prometemos, aí vai outra tanda. E aínda queda algunha por vir!

Vídeos exportados

19.12.08

ESTAMOS DE CUMPREANOS
¡Cumprimos 10 anos!
Alá polo 1998 empezaba a súa andaina este Instituto, aínda cos albaneis traballando dentro. Desde aquela son, sodes, moitos os que pasáchedes por aquí, alumnos e profesores. Non sempre é posible recordar todos os nomes, pero todos tedes un pequeno oco na historia deste centro. E gustaríanos pensar que tamén levades un pequeno anaco do instituto con vós.
O xoves 18 celebramos o aniversario por todo o alto, cunha chea de actividades pola mañá e cunha convivencia moi agradable pola tarde, entre alumnos, familias e profesores. Que gustazo ver o instituto cheo de xente!
Na celebración repasamos, de xeito moi resumido, os 10 anos de funcionamento, a xeito de recordatorio simbólico de todo e de todos.

Desde a biblioteca, queremos darlle as gracias especialmente a aqueles que sempre estiveron dispostos a botar unha man para conseguir que funcione do mellor xeito posible. Graciñas.

E como aperitivo, ademais do aparecido na Voz de Galicia, deixamos aquí unha pequena mostra da celebración. Seguirán máis, así que atentos.
Actividades Pavillón


14.12.08

Boletín VILÁN da Biblioteca
Xa tedes á vosa disposición o boletín Vilán Nº 7, o primeiro deste curso, con noticias do acontecido (polo menos en parte) durante ese primeiro trimestre. Todos os interesados podedes coller un na biblioteca e levalo con vós.
Tamén tedes unha nova guía de lectura, con algunhas suxestións para este Nadal, aínda que podedes ler moitas outras cousas. Cada un ao seu gusto!
Recordade que durante as vacacións a biblioteca aumenta o número de libros para préstamo, e podedes levar ata un máximo de cinco por carné. Coma sempre, están invitados a utilizar o préstamo os membros das vosas familias.