10.1.23

Hora de Ler 2ªavaliación

O vindeiro venres, día 13 de xaneiro, retomamos a "Hora de ler" como actividade semanal de fomento da lectura.

Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo dedicaremos unha sesión á lectura, tal e como podedes consultar neste calendario.

Non esquezades traer o voso libro favorito e gozade da actividade!




2.12.22

Maleta viaxeira "Mariñeira"

 Seguimos coas celebracións do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Nesta ocasión, o alumnado realizou unha xincana de búsqueda de información en diferentes libros cedidos polo maleta viaxeira "Mariñeira" do CEIDA.

Esta exposición de libros estará dispoñible todo o mes de novemrbo na entrada da Biblioteca.












28.11.22

Talleres e fotos do mes da ciencia en galego

 Amosamos os talleres realizados ao longo destas semanas do mes de novembro. Agradecemos o entusiamo do alumnado participante!

Agardamos que en próximas convocatorias se animen moitos máis.














11.11.22

Mes da Ciencia en Galego

 A Biblioteca conmemora o mes da ciencia en galego cunha ampla oferta de talleres que se celebrarán nos recreos durante esta semana e a vindeira. 

A semana do 14 e a do 21 de novembro, os departamentos de Matemáticas, Bioloxía e Física e Química organizarán obradoiros nos cales se poderán realizar calendarios de papiroflexia, xabóns exfoliantes ou descubriremos o azucre oculto que tomamos sen decatarnos. 

Podes consultar aquí o calendario coas actividades previstas para cada día e cada grupo.

Anímate a participar e a gozar coa ciencia máis próxima e divertida!



24.10.22

Día das Bibliotecas 2022

 O pasado venres 21 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas facendo entrega dos diplomas do voluntariado da Biblio 21/22 e inaugurando os clubs de encontro para este curso 22/23.

Ademáis, colocamos na entrada un novo cartel para os que queiran ser voluntarios/as durante este curso, tanto para colaborar na Biblio coma na radio escolar.







Voluntarios 21/22


Martina, Saray e Nico de 2ºESO