10.1.07

¡Que Reis máis Maghos!


Agora que xa estamos de volta xa podedes contarnos o 'Majos' que foron os Reis. Seguro que podedes presumir de mogollón de regalos.

A pregunta, por curiosidade, é ¿Tivéchedes de regalo un libro, ou regaláchedes un libro? E se houbo tales regalos... ¿molou ou foi un pao? Gustaríanos saber cales foron esos libros e que tal vos pareceron. Contádenos algo picando aquí debaixo, onde pon "comentarios" (Recorda: cando escribas o teu comentario, para poñer o teu nome, escolle "otros" debaixo do comentario e logo pica en "publicar")

19.12.06

Escritor grande - relato pequeno
GAÑADORES DO I CERTAME DE MICRO-RELATOS.

Xa hai gañadores do certame de micro-relatos. Tivemos unha participación respetable, para ser a primeira vez: case trinta escritores. O mérito á participación téñeno os de 1º, que son os que máis relatos presentaron. O premio limón é para os de cuarto ¡¡¡que non presentaron ningún!!! Pobres, seguro que tiñan moitos exames.

Para ler os relatos gañadores, e algún outro de propina, tes que ir a "Recanto Literario", no enlace que tes na columna da dereita desta páxina.

Xa sabes que sobre algúns autores 'misteriosos' admítense apostas por valor dun chupa.

11.12.06

Escritor grande - relato pequeno
CERTAME DE MICRO-RELATOS.
A biblioteca do IES Pedra da Aguia, convoca un certame de micro-relatos con estas bases:
· Máximo 100 palabras.
· Redactado en calquera das linguas do currículo: galego, castelán, inglés ou francés.
· Debedes comezar con estas palabras:
"Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña…"
· Valorarase especialmente a forma de contalo (vocabulario, adxectivación, …)
· Os traballos presentaranse na biblioteca o próximo luns (18 de decembro). Podedes presentalos en papel ou en soporte informático (correo a ies_pedradaaguia_biblioteca@yahoo.es , disquete, lápis de memoria…)
· Os mellores relatos publicaranse no blog da biblioteca.
· Haberá un premio por ciclo (un vídeoxogo).

5.12.06

"Vilán"
o boletín da biblioteca

Estos días andamos a repartir o novo número de Vilán, que xa fai o Nº 3, o primeiro deste curso, con noticias e curiosidades arredor do mundo da nosa/vosa biblioteca. Igual que o curso pasado, cando o estreamos, estades todos/as convidados/as a participar coas vosas suxestións, opinións... podedes deixalas na biblioteca ou mandalas por correo a ies_pedradaaguia_biblioteca@yahoo.es (con guións baixos).

(¿como?!!, que aínda non tes correo??!! pero se é moi fácil e ademais jhratix!! Usa os ordenadores da biblio e faite un, pero xa!!)

30.11.06

¡Que tolería de números!


Tedes na entrada da biblioteca unha pequena exposición de libros de matemáticas (CDU 51), na que se demostra que poden ser divertidas, sobre todo cando podes xogar con elas e non ter logo que facer un exame.Ven a conto da exhibición que nos fixo no Insti, para o segundo ciclo, o calculista Jaime García, que nos descubriu cales son os seus truquiños, para que o alumnado poida aplicalos e memorizar as matemáticas, a xeografía, o inglés e o que se poña por diante, tal e como podes ver aquí.