4.4.09

Que non falte a música
Xa que estamos de 'vacances' podemos aproveitar para abrir unha nova sección no blog: que non falte a música, que seguro que ten as bendicións de Almudena!
Podedes atopar a sección na barra dereita, tirando hacia abaixo. Irá cambiando cada certo tempo. Comenzamos con Bruce Springteen, "The Boss" ("o xefe", para os de francés); unha porque é unha boa forma de empezar e outra porque sei dalgunha empeñada en ir velo cando toque en Santiago este verán, verdade, J.P.?
Ah, admítense suxestións! Admítense ata de 'Claus Patera' que anda por aí cargando libros.

31.3.09

IMOS ADIANTANDO
Parece que algo se vai movendo na biblio. Xa vai faltando menos para que rematen as obras e a deixemos mais ghuapa e coa cara lavada. Aínda que non estou moi seguro de querer abrir de novo...!!?
É que é un gustazo estes días escoitar á xente preguntando que cando abre!! (Logo de que está aberta e funcionando xa non me dicides estas cousas!!) Xa se sabe que sempre se bota en falta o que non hai!

27.3.09

La hora del planeta




Mañá, de 8:30 a 9:30 é "A hora do Planeta" promivida por WWF. Se queres saber de que vai tes unha boa páxina aquí. Se cres que é importante, anímate e participa. Non seremos moi visibles nun lugar pequeno, pero sentirémonos mellor, seremos parte de algo.

Nota: o debuxo superior está en gris debido ao "cambio cromático"

Aquí tes o vídeo oficial de "A hora do Planeta"

22.3.09

Vinde ao teatro
O domingo pasado o "Teatro del Andamio" presentou en Vimianzo a obra de Manuel Rivas "A lingua das bolboretas", un monólogo estupendo do actor Álvaro Guevara. Foi curioso ver a adaptación teatral logo de ler o libro de narrativa e ver a película do mesmo título.

Pero o mais curioso de todo foi ver como o actor, logo de recibir os aplausos do público, díxonos que unha sala como a da Casa da Cultura de Vimianzo era todo un luxo para a zona (el sabe diso) que tiñamos que valorar, e que a forma de mantelo 'vivo' era asistindo ás representacións. Todos, pais e fillos!

Non podo estar mais de acordo con el, así que eu tamén digo: Vinde ao teatro!!

Aquí tedes un ha entrevista de La voz de Galicia e a Programación teatral completa.


PECHADO POR OBRAS
Durante un tempo a nosa benquerida biblio vai estar pechada por obras. Traballaremos duramente, como podedes ver no sinal da dereita, para que sexa o menor tempo posible. Hai que darlle un lavado de cara e, de paso, procurar que sexa mais silenciosa (aínda!)
O que non pecha é este blog, nin as súas seccións, como podedes comprobar, por exemplo, en Pedras do Vilán.
Vémonos (de momento) na rede!