Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

18.5.10

MOITO TEATRO
Logo din que non lle botan teatro á cousa, pero o certo é que llo botan, e moito! Hoxe, no día das letras, puidemos ver a unha boa 'representación' do alumnado do Insti representando dúas obras. Uns bos teatreiros dos que deixamos constancia aquí, así como do bo labor de Rosario.
Podedes ver a primeira obra, con Judit, Miriam e Manuel aquí e tamén podedes ver a segunda aquí, con Clara, Laura, Lucía, Marina e, de novo, Manuel, un tal doutor Melquiades nunha consulta un tanto especial.
Noraboa tamén ás premiadas no Certame Intercentros: Clara en narrativa e Aurora en poesía.

11.2.10

Teatro en 'English'
Saímos do centro para percorrer as rúas antigas de Santiago, ver unha obra de teatro en 'English' e visitar o Mupega.
Pasámolo bastante ben, menos as dúas da foto, que se aburrían tanto que se quedaron durmidas unha sobre a outra. Se non mo credes podedes comprobalo visitando Pedras do Vilán, onde tedes as fotos que o demostran.

22.3.09

Vinde ao teatro
O domingo pasado o "Teatro del Andamio" presentou en Vimianzo a obra de Manuel Rivas "A lingua das bolboretas", un monólogo estupendo do actor Álvaro Guevara. Foi curioso ver a adaptación teatral logo de ler o libro de narrativa e ver a película do mesmo título.

Pero o mais curioso de todo foi ver como o actor, logo de recibir os aplausos do público, díxonos que unha sala como a da Casa da Cultura de Vimianzo era todo un luxo para a zona (el sabe diso) que tiñamos que valorar, e que a forma de mantelo 'vivo' era asistindo ás representacións. Todos, pais e fillos!

Non podo estar mais de acordo con el, así que eu tamén digo: Vinde ao teatro!!

Aquí tedes un ha entrevista de La voz de Galicia e a Programación teatral completa.

16.3.09

TEATRO EN VIMIANZO
Presentouse este domingo na Casa da Cultura de Vimianzo o obra teatral "...e ti quen ves sendo" de Talía Teatro. Unha gozada de obra e de actuación, como deixaron ver as gargalladas do público que enchía a sala. Magnífica compañía de teatro (da nosa zona) dirixidos por un estupendo Cándido Pazó, xa coñecido por nós, pois tivémolo no Instituto en dúas ocasións.
A programación de teatro continúa os domingo ata o mes de xuño, (e ademais gratuito, incrible!) con representacións dirixidas a un público máis pequeno ás 6:30 da tarde e para un público mais adulto ás 8 da noite.
Todo un luxo na nosa zona que seguro que mais de un aproveitará. Vémonos alí!

5.6.08

Érache o que había!
Por este curso, o grupo de teatro do Insti "Éche o que hai" deixa caer o pano e despídese ata outra ocasión. Despedíronse coa representación da obra "Quen matou ao Sr. Torres?"
Fixeron un 'dobrete', representando a obra dúas veces consecutivas. Na primeira non tiveron un público moi colaborador, pero na segunda, cun público moito máis atento, a cousa funcionou realmente ben.
Teremos que esperar ata comezos do próximo curso para ver a seguinte representación, cunha obra máis longa que seguro que, sabendo de quen vén, terá máis dunha sorpresa! Mentres tanto aquí tedes unhas fotos para facer boca:

BubbleShare: Share photos - Powered by BubbleShare

24.4.08

Un día do libro... teatral !
Estos si que lle botan teatro á cousa. O grupo do teatro do Instituto "Éche o que hai" puxo onte en escena "Obras son amores e non boas razóns". E fíxoo por duplicado, en dúas sesión sen case descanso, unha para cada ciclo.
Por fin, as horas de traballo, os ensaios dos venres comendo no insti, e a pacencia de Silvia, tiveron recompensa. Prometeron que en breve voltarán ao escenario para representar outra obra.
Non foi mal xeito de celebrar o día do libro, que complementamos coa edición dunha guía de lectura. E como non todo son libros, hoxe mesmo, as 6, o club de lectura Arao-adultos veremos unha película relacionada co último libro que lemos. Seguro que repetiremos.

2.12.07

Unha semana movida
Esta semana foi bastante movida no Instituto, xa que coincidiron dúas actividades consecutivas. Os de 1º e 2º foron a ver teatro a Santiago. Foron o día 29, xoves, debido a un cambio de datas da compañía de teatro. E o día 30 foron alumnos/as de todos os niveis á competición de campo a través que se organiza en Cee.
Podedes saber máis de todo isto visitando a sección "Outras actividades"

22.11.07

As letras están de loito

Abandonounos Fernando Fernán Gómez e as letras deste país quedan tristes. Marchou un dos grandes, dos máis grandes. Fixo ben practicamente todo aquelo no que se embarcou: escritor, autor e director de teatro, actor, director de cine...
Todos os compañeiros de profesión están de acordo en que foi o mestre de moitos, e o seu labor foi recoñecido con moitos premios, tanto literarios (ademais era membro da Real Academia) como teatrais e cinematográficos. Moito mérito tiña este home que se consideraba un simple 'cómico', que é como se denominaba antes aos actores.

Podes ver algunhas das súas películas na colección da nosa biblioteca. Se queres saber máis sobre el pica na foto e no seu nome.


14.11.07

Lemos de todo

Quen dixo que non liamos? Os de 1º e 2º son quen de ler ata en inglés... ou eso din! Foron ver unha obra de teatro e antes de vela xa leran o texto enteiriño en ingles... ou eso din! Ao remate había diferencias de opinións, que si era mellor a obra deste ano, que si era mellor a do ano pasado... Ti que opinas?
Si queredes ver como foi a cousa visitade a sección "Outras actividades". Tedes o enlace na columna da dereita. Podes deixar alí o teu comentario.
En calquera caso o que sí empezou a funcionar foron os correos 'elecstrónicos' do alumnado e iso está ben, que gañamos tempo e aforramos papel.

13.3.07

ÉCHE O QUE HAI!!

Xa sabemos que esta frase é unha das máis repetidas polos alumnos do Insti cando os profes desesperamos de conseguir que algún/nha se interese polo que tentamos explicar. Pero non é só iso. É, tamén, o nome do grupo de teatro que vén dirixindo Silvia (santa paciencia) dende hai xa varios anos.
Estes días tivéchedes a oportunidade de asistir ás representacións das obras de Xosé Cedena "O parque de Mª Risa" e "Un palillo 'pao' dente" e, polas risas do público, parece que o fixeron bastante ben.
Esas risas e eses aplausos compensan das horas adicadas aos ensaios, das comidas de bocata dos venres e do estudo dos papeis. Non está de máis que recordemos que o que alí vemos en media hora escasa é o traballo de varios meses.
Un aplauso para as novas "adquisicións" deste curso e un cariño moi grande para as que este ano rematan a súa andaina no centro e en "Éche o que hai".
... Ah, sí!! Se queredes ver algunhas fotos picade na foto.

24.11.06

Semana das Ciencias

Os de primeiro e segundo nivel foron hai pouco a Santiago a ver teatro en inglés (e aprenderon mogollón) e tamén fomos ver o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. Aquí podes ver a visita.

Por iso na entrada da biblioteca podedes ver unha pequena mostra dos materiais que tedes na biblio con referencia a este tema. Como podedes ver o material é 'tocable' e de paso querémosvos lembrar que este tipo de materiais tamén os podedes levar en préstamo, aínda que algúns días menos que se foran libros de ficción. O que non podedes sacar da biblioteca son os dicionarios e enciclopedias, porque poden facer falta en calquera momento.