5.12.06

"Vilán"
o boletín da biblioteca

Estos días andamos a repartir o novo número de Vilán, que xa fai o Nº 3, o primeiro deste curso, con noticias e curiosidades arredor do mundo da nosa/vosa biblioteca. Igual que o curso pasado, cando o estreamos, estades todos/as convidados/as a participar coas vosas suxestións, opinións... podedes deixalas na biblioteca ou mandalas por correo a ies_pedradaaguia_biblioteca@yahoo.es (con guións baixos).

(¿como?!!, que aínda non tes correo??!! pero se é moi fácil e ademais jhratix!! Usa os ordenadores da biblio e faite un, pero xa!!)

30.11.06

¡Que tolería de números!


Tedes na entrada da biblioteca unha pequena exposición de libros de matemáticas (CDU 51), na que se demostra que poden ser divertidas, sobre todo cando podes xogar con elas e non ter logo que facer un exame.Ven a conto da exhibición que nos fixo no Insti, para o segundo ciclo, o calculista Jaime García, que nos descubriu cales son os seus truquiños, para que o alumnado poida aplicalos e memorizar as matemáticas, a xeografía, o inglés e o que se poña por diante, tal e como podes ver aquí.

24.11.06

Estamos abertos!!

Dende hai xa unhas semanas temos a biblioteca aberta os xoves pola tarde, de catro a seis, para que poidades vir a traballar nela, a ler, a facer deberes, levar libros... Alí atoparedes a Berta, que atende o servizo de préstamos.
Cando pensamos en abrir pola tarde, polo menos unha vez por semana, coa axuda do Concello, foi pensando no alumnado do instituto e nos ex-alumnos, pero tamén nos pais e nais e do público en xeral. Sería unha mágoa que teñamos unha biblioteca, aínda que sexa pequena, e que a xente non puidera utilizala.
Os servizos que presta a biblioteca están á vosa disposición, usádeos!! E animade aos vosos familiares a facelo tamén.
Semana das Ciencias

Os de primeiro e segundo nivel foron hai pouco a Santiago a ver teatro en inglés (e aprenderon mogollón) e tamén fomos ver o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. Aquí podes ver a visita.

Por iso na entrada da biblioteca podedes ver unha pequena mostra dos materiais que tedes na biblio con referencia a este tema. Como podedes ver o material é 'tocable' e de paso querémosvos lembrar que este tipo de materiais tamén os podedes levar en préstamo, aínda que algúns días menos que se foran libros de ficción. O que non podedes sacar da biblioteca son os dicionarios e enciclopedias, porque poden facer falta en calquera momento.

20.11.06



Aprendendo a usar a Biblioteca




Estes días os de primeiro, como cada curso, andan pola biblioteca adiante a facer uns traballiños para saber moverse por ela. Xa sabemos que non é unha biblioteca moi grande, pero están aprendendo como está organizada e como atopar aquilo que necesitan para os traballos que lles manden os pesados dos profes ou, simplemente, porque lles apetece ler algo do que aquí temos. Andan trasteando coa famosa CDU; e os demais? Lembrades o que indicaba cada número?
Podes velos neste album.