REMATAMOS!!Chegou fin de curso e chegou a hora de pechar a biblioteca. Todos esperamos as vacacións con ilusión, pero seguro que temos tamén un pouco de pena por pechar a nosa biblio: pasamos alí
bos momentos e houbo un pouco de todo.
Claro que unha biblio nunca se pecha realmente, en canto teñades nas mans algo escrito, sexa libro, revista ou páxina web, quere decir que levades a biblioteca con vós!
En calquera caso xa sabemos que dentro dun tempiño estaremos alí outra vez e, aínda que protestemos ao comenzo, seguro que tamén teremos bos momentos.
E seguro tamén que teredes noticias do que vaia sucedendo a través deste blog e as vosas opinións e suxestións aparecerán tamén publicadas. Así que ata a próxima, e non vos esquenzades de ler algo nas vacacións. Seguro que hai por ahí algún libro que te engancha, só tes que atopalo!