2.2.11

O BOTÓN VERMELLO
Non sei que pasou pola miña cabeza cando vin este pequeno vídeo, pero o caso é que, non me digas por que, acordeime (jua, jua, que malo son) dos meus alumnos e alumnas (duns máis que doutros e outras, é verdade).
A ver se algún de vós me pode explicar o misterio: en que estaría eu pensando? Pasará o mesmo pola cabeza de todos os 'pesados' dos adultos? Xa me diredes. Mentres tanto pasádeo ben coa animación que vos deixo aquí.

30.1.11

30 de xaneiro
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
A pomba foi historicamente considerada símbolo universal da paz. A orixe deste símbolo vén da Arca de Noé, cando a aparición dunha pomba cunha póla de oliveira no bico, anunciou que podían volver a terra, que xa desaparecera o perigo.

A festividade do Día Escolar pola Paz e a Non-violencia, foi declarada en 1964, coincidindo coa data do falecemento de Mahatma Ghandi, considerado o pai do pacifismo, que morreu un día 30 de xaneiro de 1948.

Para celebrala déixovos aquí un fermoso poema de Celso Emilio Ferreiro.

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
>

25.1.11

O PERIGO DUNHA ÚNICA HISTORIA
Este non é un vídeo para que o pasedes ben un rato.
É un vídeo para reflexionar con calma.
Aqueles de vós que sodes máis maduros poderedes entender o discurso de Chimamanda Adichie (eu vou encargar xa un libro seu). Para os adultos, e especialmente para aqueles que nos movemos entre libros, entre historias, debera ser obrigado.
Podedes practicar inglés, pero tamén podedes subtitulalo en castelán picando en 'view subtitles', na parte inferior do vídeo.
Que nunca conten a vosa historia como unha historia única!

24.1.11

QUE COLGAMOS?
Tiña que suceder!! Descubríronnos!! Atrapounos a Garda Civil!!
Bromas aparte, o tema é para tomalo en serio. Hoxe estivo con nós, no Grupo de Encontro, a Garda Civil, para falar sobre internet e o coidado que debemos ter cando navegamos pola rede. En realidade non é máis que ter un pouco de sentido común á hora de navegar, especialmente nas redes sociais, e ter coidado coas cousas que subimos e os datos que damos. Por moito que esteamos entre amigos o que subimos á rede non hai quen o controle, e calquera, amigo ou non, pode copiar e difundir o material que pensabamos que estaba 'controlado'. Usemos con 'sentidiño' unha ferramenta tan potente como esta.

23.1.11

PLAY & WIN en 2º
Os equipos que 2ºA_B_C presentáronse ao torneo de basket coa autoestima moi alta. Todos eles pensaron que podían ser os mellores e, con esta ilusión, xogadores e público déronse cita no ximnasio. Ata algunha titora seguiu a competición animando o xogo dos equipos. Dende o primeiro momento 2ºA era favorito aínda que o B e o C loitaron como leóns ata o final.
Bo ambiente nos bancos, aplaudindo as habilidades deste encontro deportivo que comenza a escribirse con nome inglés. E disto se trata, de xogar, aprender e falar "inglis" ou como é realmente. Parabéns para tod@s, sodes esmailto:estupend@s.