Estes días tivemos a sala de usos múltiples, e algún dos espazos exteriores do insti, cheíños de cousas interesantes: azucre que se converte en carbón, contas feitas ao estilo dos exipcios, ou dous maias, móbiles que se autodirixen seguindo unha liña marcada, peixes que nos deixan ver aos seus 'inquilinos', o luminol para detectar o sangue... Vaia, que nin os do CSI! Hai que agradecerlles aos profes o esforzo da organización e a preparación das diferentes probas. A mellor recompensa é saber que funcionou estupendamente. E ollo, porque ademais pode ser que o que aquí se viu sirva para unhas cantas preguntas do noso concurso "Sabías que...?" Faltan as semifinais, das que sairán tres equipos, e logo... A Gran Final, unha proba contrarreloxo. Atentos!
Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas
14.4.11
6.5.10
Parece que a primavera non solo fai subir as calores no instituto; tamén fai subir as cores. Por eso os de 3º, pincel en man, e baixo a man de Cristina, puxéronse a facer a súa propia interpretación dos pintores galegos máis coñecidos. O colorido resultado podedes velo aquí abaixo. Quen dixo que non teñen alma de artistas? Noraboa polo traballo!
21.4.10
Esta pregunta fixémoslla a unha chea de persoas. Para celebrar o día do libro fomos xuntando, a través das Biblios Escolares de Galicia, as respostas da xente máis variada, de xente da TV a escritores, deportistas... Tamén nos fixemos a pregunta entre nós, á xente do propio Instituto. Xa hai varios alumnos e alumnas que contestaron, e algúns profes tamén.
Tedes as respostas no libro, tamaño XXL, que está cerca da entrada da biblio, e que aínda irá medrando coas novas respostas de máis xente que se anime a participar.
Xa pensaches para que les ti?
15.4.10
MUNDOS IMPOSIBLES (e V)Para finalizar esta serie de entradas, xa que tamén rematamos este venres coa exposición, déixovos aquí outra tanda de "imposibles", os "alimenticios". A imaxe que ilustra esta entrada é de Arcimboldo (1527-1593), como outras que víchedes na exposición, e ten en común coa montaxe de aquí abaixo que ambas están realizadas utilizando materia vexetal. Como sempre digo, mirádeo cun pouco de calma, que son realmente curiosas... e imposibles!
Foodscapes
View more presentations or Upload your own.
14.4.10
MUNDOS IMPOSIBLES IVXa comentamos en entradas anteriores que os mundos que temos na exposición non son unicamente os de Escher, do que podedes ver aquí a obra "Metamorphose" completa (amplide a imaxe e mirádea con calma). Hai outras series de ilusións ópticas que xogan coa percepción, como esta montaxe de imaxes sobre mans, unha das que máis expectación crearon na exposición.
Mans
View more presentations or Upload your own.
13.4.10
MUNDOS IMPOSIBLES IIISeguindo coas "explicacións visuais" sobre a obra de Escher, deixo aquí outra "viaxe" arredor dunha das súas obras máis famosas, a Catarata. Podemos ver de novo como o punto de vista "único" desde o que nos presenta a imaxe crea un imposible, onde a auga cae, fai a súa viaxe e chega de novo ao punto de partida para caer outra vez, nun círculo sen fin... ata que 'viaxamos' arredor do debuxo.
Vemos así como sería na realidade se poidera exister en tres dimensións, e non en dúas, como é o papel no que está debuxada. Que vos guste!
12.4.10
Encántame o comentario de Laura na entrada anterior do blog, sobre a exposición e as imaxes de Escher. Penso que é ese o efecto que o autor quería das súas obras. Xoga o debuxante coa lóxica, cos planos e cos puntos de vista. Presenta situacións imposibles, que parecen reais unicamente desde o punto de vista exacto que nos propón, pero que en realidade son efectos ópticos. Este vídeo que vos deixo clarifica como sería unha das súas imaxes se puidésemos vela na realidade, facendo unha 'viaxe' arredor do edifició 'Velbedere', que é como se chama a imaxe.
e de paso practicade un pouco de inglés!
10.4.10
Podemos disfrutar estes días no centro da exposición "Mundos Imposibles". A parte principal da exposición está centrada no debuxante M.C. Escher, (cedida pola Asociación Galega de Profesores de Matemáticas, Agapema ), aínda que contamos tamén con outros mundos imposibles que merece a pena ver con certa calma. A exposición ocupa bastante espazo e, ademais, ten actividades para manipular, polo que a biblio se nos quedaba pequena e tivemos que trasladala á sala de usos múltiples.
Os/As profesores/as de Matemáticas e Plástica levarán aos seus alumnos a visitala, seguindo un horario preestablecido, pero todos estamos invitados a pasar por alí, ben nas horas que quedan dispoñibles ou ben durante os recreos, nos que permanecerá aberta.
Para ir facendo boca, aquí vos deixo unha pequena montaxe con algunha das obras máis representativas de Escher. Mirádeas con atención, porque ademais de gran debuxante , a Escher encantáballe xogar cos planos e facer xogos de perspectiva, creando os seus "mundos imposibles".
Presentación Escher blog
View more presentations or Upload your own.
Labels:
biblioteca,
Exposicións,
matemáticas,
Mundos Imposibles
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



