Mostrando entradas con la etiqueta xadrez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xadrez. Mostrar todas las entradas

19.3.12

O rei dos escaques
Xa temos o rei coroado deste curso: José Manuel Sar, de 2ºA.
Logo de arduas batallas e dun combate singular con Pablo, saíu vencedor na loita pola coroa. O seu reino conquistado: un xadrez electrónico, que lle permitirá mellorar (aínda máis) o seu xogo, aínda que os amigos dinlle que vai ter un problema: coa máquina non hai quen faga trampas!
De momento parece que a febre dos escaques sigue viva no Instituto, así que o curso próximo: máis xadrez! Conseguiremos no Escaques VII do próximo ano que haxa rapazas competindo?

1.3.10

REI ROI
Rematamos coa incruenta batalla da biblio deste curso, o IV Torneo Escaques de Xadrez. Como é sabido, só pode haber un rei logo de cada batalla, e un único rei logo de cada torneo. Este curso temos o Rei Roi, que venceu en xusto combate ao rei anterior, Santi, que se defendeu bravamente ata o último alento.
Aquí tedes ao actual monarca co seu merecido premio.
Mención especial ás nosas 'raíñas', que este curso houbo máis que outros anos. Estanlle perdendo o medo a isto das batallas nos escaques (os cadrados do taboleiro, para quen non o saiba) e nun futuro poden ser moi perigosas.
Aquí vos deixo unhas imaxes do campo de batalla:

18.3.09

O "Rey" dos Escaques

Foi unha batalla dura, entre dous contrincantes baixo moita presión, pero aguantaron ben e xogaron a partida mais emocionante do torneo, a do desempate. Chegaron os dous, Santi Baña e Christian Antelo, empatados a puntos á última ronda. Houbo que desempatar e, desgraciadamente, só pode haber un gañador. Desta volta foi Santi, que se levou o trofeo que vedes na foto. E coidadiño, que agora pode practicar moito co xadrez electrónico e chegar "terrible" para o IV Torneo!
Entrevista co gañador en "Pedras do Vilán".
Se queredes practicar vós non está mal esta páxina, que aínda que esté en inglés, marca moi ben os posibles movementos de cada peza.

10.2.09

Escaques III
Logo de tanto cantar no Insti en favor da paz... chegan as batallas!
Comenza o III torneo Escaques de xadrez, a única batalla que debe haber na nosa comunidade. Os contendientes (con dúas 'contendientas' incluídas, as únicas que se atreveron) pelexarán entre eles o tamén contra o tempo. Quen será o vencedor/a de tan dura batalla??
Os luns e mércores podedes asistir á 'guerra' en directo, na biblio, pero recordade: os que miran son de cartón (e por tanto non falan)!!

20.1.08

COMENZA A BATALLA

Está a punto de iniciarse unha nova batalla na biblioteca do Insti: II Torneo Escaques. Unha batalla que promete ser galáctica, como podedes ver na imaxe. Claro que esta batalla ten unha gran vantaxe: só hai un morto "real", o rei das pezas contrarias.
Sirva este torneo como pequeno tributo da biblioteca ao xenial e revolucionario Bobby Fischer, que hai pouco que nos deixou á idade de 64 anos, tantos coma escaques ten o taboleiro.
Se queres ver as bases do torneo podes picar aquí.

23.3.07

I TORNEO
de XADREZ

ESCAQUES

Xa rematamos o I torneo de xadrez da biblioteca. Tras 10 xornadas de duras 'batallas' chegamos a un empate entre os dous 'figuras' que tedes na foto. Houbo que batallar de novo para que, finalmente, Brais se fixera co campeonato e Carlos co subcampeonato, como acreditan os diplomas que teñen nas mans.
Parece que a cousa tivo bastante éxito e foron varios/as os que quedaron coas gañas de participar, e parece que queren xogar "de gorra" aínda que é moito esperar que o curso que vén haxa cartos para tanto luxo, sobre todo se conseguimos algún reloxo. Aínda así seguro que o próximo ano batemos records e aumentamos o número de inscritos. De momento, se queres ver algunha foto máis que as que xa había pica na foto.

26.2.07

GRAN BATALLA NA BIBLIO

Comezou xa o I Torneo de Xadrez "Escaques". Os participantes enfrontaranse en varias rondas, seguindo o denominado "sistema Suízo", que emparella aos contrincantes segundo a puntuación que van obtendo ao longo das diferentes partidas.
Xa vedes que a concentración é máxima. Incluso, se vos fixades ben, veredes uns fíos de fume saíndo polas orellas dalgún.
De momento temos máis homes que mulleres, pero as féminas xa ameazan con que o ano próximo pensan dar moita batalla. Se queres ver maís, pica aquí.