23.5.08

Sesións de contacontos

O venres, día 30, o ENDL organizou dúas sesións de contacontos para o alumnado de 1º e 3º de ESO. Estas sesión correron a cargo de Avelino González, actor de teatro, cine e numerosas series de TV. Antes do recreo foron os alumnos de 3º e despois os de 1º. Podedes visitar a web deste actor picando aquí.

Rímonos moito escoitando os contos de Avelino. Éstivemos moi atentos e divertímonos moito (polo menos os de 1º). Se mirades as fotos podedes comprobalo.

6.5.08

Correlingua 2008
Como cada ano por estas datas o insti participa no Correlingua que se celebra na Coruña. Enchimos dous autobuses ata os topes e alá fumos. Unha marea azul, coas camisetas que regalaba a organización.
Tamén como sempre, houbo ex-alumnos que se acercaron por alí a saúdar a profes e amigos. Algúns pasaron prácticamente a xornada enteira con nós. É un gustazo ver como os 'ex' seguen a acordarse do seu paso polo instituto... por moito que protesten mentres son alumnos!
Pode que moitos dos asistentes non lle den importancia neste momento, pero seguro que outros son xa conscientes de que a nosa lingua ten un perigo real de desaparecer se non a mimamos nós un pouco. Como di a pancarta, o Galego ten a súa maxia!

Correlingua 08

4.5.08

Arrancamos!!
Xa comenzamos o "Sabías que...?" deste curso. Durante as seguintes catro semanas tentaremos de 'loquear' aos tolos e tolas (benditos tolos e tolas) que se apuntaron coas preguntas e cos xogos semanais. Recordade que co preguntón teredes un punto por cada resposta correcta e, ademáis, podedes conseguir puntos extra coa "Aposta Semanal" e con "as 5 pistas".
Este curso podedes consultar os cuestionarios nesta páxina, e tedes un enlace permanente na columna lateral do blog.
SORTE !!

24.4.08

Un día do libro... teatral !
Estos si que lle botan teatro á cousa. O grupo do teatro do Instituto "Éche o que hai" puxo onte en escena "Obras son amores e non boas razóns". E fíxoo por duplicado, en dúas sesión sen case descanso, unha para cada ciclo.
Por fin, as horas de traballo, os ensaios dos venres comendo no insti, e a pacencia de Silvia, tiveron recompensa. Prometeron que en breve voltarán ao escenario para representar outra obra.
Non foi mal xeito de celebrar o día do libro, que complementamos coa edición dunha guía de lectura. E como non todo son libros, hoxe mesmo, as 6, o club de lectura Arao-adultos veremos unha película relacionada co último libro que lemos. Seguro que repetiremos.

17.4.08

Sabías que... xa está a pique de arrancar o Sabías ...que? deste ano?

Pois xa sabes, se non o sabías agora xa o sabes!
E a saber: o prazo de inscrición xa está aberto e remata o próximo venres día 25!

Anímate!
Xunta a tres tolos máis coma ti e apúntate!
Podes ver as bases completas no taboleiro da biblioteca.